Galería Sargadelos: presentación de “Tetra & Freek”, por Iago Martínez

martes, 26 abril 2011, 11:29 | Category : coloquios, música
Tags : , , ,

Mércores Escrita(s)27
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Continúa o "Ciclo Escrita(s) 2011", que, baixo o título de "Circunvolucións", consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. As charlas desenvolveranse todos os venres ás 20:00 h, entre o 1 de abril e o 10 de xuño, salvo o mércores 27 de abril. (Aquí deixamos o programa completo: Ciclo Escritas 2011 Sargadelos). Nesta cuarta charla, Iago Martínez presenta a "Tetra & Freek", un grupo musical formado por tres rapaces afincados en Santiago de Compostela, que veñen de renovar completamente o panorama musical actual. Acoden á galería Sargadelos para revelar o segredo do seu éxito e as claves para comprender mellor o ponk, o novo xénero musical revolucionario que xa está a conquistar o mundo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path