Aberta a convocatoria 2011 dos Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

Os Premios mc2"Prismas Casa das Ciencias á Divulgación" son unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses, Concello da Coruña, que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todos os profesionais que traballan neste campo.
Nesta convocatoria introduciuse unha importante novidade, como é a reorganización da modalidades a concurso, que avanza na liña de adaptarse ás novas tecnoloxías e formas de comunicación científica. Así, nesta edición concederanse os "Prismas de Bronce" aos mellores traballos de divulgación científica nas modalidades de audiovisuais, artigos xornalísticos, sitios web, dotado cun premio de 4.000 euros para o que se conta coa colaboración da revista Mètode, e "Prisma Especial do Xurado", modalidade dotada pola empresa PharmaMar grupo Zeltia cun premio de 9.000 euros.
Os traballos presentados deberán tratar sobre calquera tema en relación coas ciencias físicas e naturais, tanto nos seus aspectos xerais, como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia, que contribúan á mellor comprensión das ideas, actitudes e procesos científicos.
O prazo de presentación de traballos finaliza o 31 de agosto.
As bases completas poden descargarse aquí: Bases Premios Prismas Museos Cientificos Coruñeses 2011.

23 ANOS PREMIANDO A DIVULGACIÓN
Os "Prismas Casa das Ciencias" tiveron a súa primeira entrega no 1988, co ánimo de fomentar o exercicio da divulgación científica, así como apoiar e estimular a persoas e colectivos na tarea de crear productos útiles para a educación social da ciencia.
Inicialmente só contemplaba un premio de vídeos científicos, pero en convocatorias posteriores, pasouse en diferentes etapas a engadir outras modalidades: en 1993 foron os libros editados e os textos inéditos,; en 1994 incluíronse os traballos en soporte informático; en 1996 contemplouse por primeira vez a modalidade de artigos xornalísticos; no ano 2000 incorporouse o "Prisma Especial do Xurado", e en 2001 presentouse a modalidade de traballos multimedia, que supuxo unha reorganización das modalidades existentes para recoller nunha todos os soportes audiovisuais, así como os CD-ROM, páxinas WEB ou programas informáticos.
A sucesión de adaptacións aos formatos e tecnoloxías de que se serve a comunicación científica culmina en 2011 coa presentación das catro modalidades que agora se convocan: audiovisuais, artigos xornalísticos, sitios web, e "Prisma Especial do Xurado".
Nas 23 edicións pasadas permiten ofrecer algún datos. Recibíronse máis de 2.500 traballos, predominando as presentacións en multimedia e artigos xornalísticos. En canto á temática dos traballos, a máis frecuente é a zoología, a botánica, a saúde, a astronomía, a física e a química. E no referente aos participantes, un 90% son españois, e máis de 300 traballos son galegos.
A cerimonia de entrega dos Premios celébrase cada ano o sábado máis próximo ao 15 de novembro, festividade de San Alberto Magno, patrón das Ciencias. En 2011, esta reunión de divulgadores na Coruña será 12 de novembro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path