CGAI: Seminario “Quen teme a Jean-Luc Godard?”

mércores, 27 abril 2011, 11:19 | Category : cinema, seminario
Tags : , , , ,

Venres 29
CGAI (Rúa Durán Loriga 10, baixo)
De 17:00 a 20:15
Entrada con matrícula de balde e prazas limitadas. Información en:  info at cgai.org

A revolución constante que representa o cine de Jean-Luc Godard e o entusiasmo espertado polo seu último traballo, "Film: Socialisme" (2010), estreado en España, permite organizar un seminario en torno a este filme e a propia evolución do autor nos últimos anos. O seminario "Quen teme a Jean Luc Godard?" terá lugar na tarde do venres 29 de abril coa coordinación de Ángel Quintana e a intervención dun lendario estudoso da obra de Godard, o francés Alain Bergala –aproveitamos para proxectar o documental que realizou sobre Víctor Erice para a serie -, Gonzalo de Lucas e o propio Quintana.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path