CGAI: Sesión de curtametraxes de Samuel Lema e Nani Matos
Sábado
30
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.
Dentro do Ciclo "Off Galicia", proxección de "Curtametraxes de Samuel Lema e Nani Matos": "O show de..." (2010, 18 minutos). Dirección e guión: Samuel Lema. Mario, un garda de seguridade pusilánime e estraño, ten problemas coa súa dona, que foxe da realidade vendo o seu reality favorito, "O show de..." Un revólver con dúas balas, unha chamada telefónica e un drogadicto lanzarán a Mario ao estrelato mediático coa axuda do programa; e "Dies die" (2009, 18 minutos). Dirección e guión: Nani Matos. Avelino é un septuaxenario que vive centrado no coidado da súa muller, Teresa. A vida de Avelino transcorre con certa normalidade ata que empeza a notar síntomas moi similares aos de Teresa. Presentación a cargo dos seus autores.














