Fórum Metropolitano: “Area e auga”, de Héctor Presa, polo Teatro do Andamio
Sábado
30 de abril ás 19:00 h.
Domingo 1 de maio ás 17:30 h.
Fórum Metropolitano
Entradas: 4 euros (abono de 3 entradas por 9 euros).
"Hai xente que bebe area, pero non porque lles guste, senón porque nunca probaron a auga. Que contamos? O que lles pasa a catro persoas que viven a cada lado dunha parede e un día empezan a vincularse cos seus veciños. Que rescatamos? O valor de vencer o medo ás situacións novas e descoñecidas ás que nos enfrontamos a diario". "Area e auga" é unha obra representada polo Teatro do Andamio, con Tatiana Likhacheva, Gema Ulloa, Nacho Martín e Álvaro Guevara, baixo a dirección de Álvaro Guevara.














