Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “Ras e princesas”

"MerendasMerendas con contos con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana ("Ras e princesas") son: "El sapito vegetariano", de Elisa Ramón, "Ranilda", de Mar Pavón, e "Ronsel de Poesía", e serán interpretados pola Compañía do Trinke Trinke.

As datas das sesións e para retirar os convites son:

Sábado 30 de abril ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o luns 25 de abril.
Martes 3 de maio ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 30 de abril.
Mércores 4 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 30 de abril.
Xoves 5 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 30 de abril.
Venres 6 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 30 de abril.
Sábado 7 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 30 de abril.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path