Teatro Rosalía: “La violación de Lucrecia”, de William Shakespeare, con Núria Espert

xoves, 28 abril 2011, 10:11 | Category : teatro
Tags : , , ,

Venres Lucrecia29 e sábado 30 de abril e domingo 1 de maio
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, desconto dun 20%).

Dentro do "Ciclo Principal", representación de "La violación de Lucrecia", de William Shakespeare. O texto está baseado na lenda da orixe de Roma, as loitas polo poder e o papel da muller na época. A grande actriz Núria Espert volve embarcarse nun ambicioso proxecto con este clásico de Shakespeare, un poema dramático en forma de monólogo, dirixido por Miguel del Arco, responsable dun dos últimos éxitos teatrais, "La función por hacer".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: representación de “Grietas sobre Venus”, da Aula de Teatro da Universidad de Burgos, no FITEUC 2011

xoves, 28 abril 2011, 10:11 | Category : teatro
Tags : , , ,

Venres FITEUC29
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Prosegue a programación do XVIII "Festival Independente de Teatro Universitario da Coruña" (FITEUC 2011), coa representación de "Grietas sobre Venus", de Juan Luis Sáez, a partir de textos de Angelica Lidell, Carlos Marquerie, Félix Grande, Märta Tikkanen, Gertrude Stein, Pablo Hidalgo e Celso Jiménez, pola Aula de Teatro da Universidad de Burgos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kiosko Alfonso: presentación de “Vivas en nós. Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936″

Venres Vivas en nós29
Kiosko Alfonso
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Vivas en nós. Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936", coa participación de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, publicado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, editora do libro, dentro das actividades de celebración do 80 aniversario da proclamación da II República (pódense descargar aquí): Actos de lembranza do 80 aniversario do 14 de abril de 1931.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Día Internacional da Danza: actuación de Entremáns: “Blondy’s coffee” e mostra de traballo das escolas participantes

Venres Blondy's29
Los Cantones Village (Centro de Ocio)
21:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das actividades do Día Internacional da Danza, actuación da Compañía Entremáns: "Blondy’s coffee", e mostra de traballo das escolas participantes: Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña, Druida Danza, Artestudio, Eidos, Soul, Latincross, Carmen, Temple Flamenco, Aula de Danza da Universidade da Coruña, Trintaetres, Alahadanza, Presto Vivace. Organizado por Ampadanza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, con Ainhoa Arteta

Venres Ainhoa Arteta29
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 9’30, 14’70, 18’50 e 27’20 euros.

Cerre de tempada de luxo a cargo do titular da Orquestra Sinfónica de Galicia, Víctor Pablo Pérez, quen presenta un programa centrado nas capacidades expresivas da voz. Neste sentido, dous son os compositores escollidos para evidenciar a emotividade, beleza e calidade vocal da soprano guipuscoana Ainhoa Arteta, gran protagonista da velada: Richard Strauss (1864-1949) e Giacomo Puccini (1858-1924). Do primeiro, destacamos a herdanza dos instintos musicais do seu pai (Franz) que ben o puideron ter conducido a ser un neno prodixio, ao estilo de Mozart. Pero non foi así: en Múnic recibiu unha boa educación xeral que se habería de traducir nunha traxectoria artística de grande empaque que o converteu, segundo a opinión do público, no compositor máis grande do mundo e un dos directores mundiais máis reputados. Do segundo, e no terreo estritamente musical e estilístico, cabe remarcar o apropiado dos seus libretos, a lexitimidade do dramatismo que envolve os seus protagonistas e a súa capacidade de nos ofrecer cancións tenras e sensuais. Puccini alcanza naturalmente a melodía e por iso mesmo se pode afirmar que é un compositor instintivo (como apunta Harold C. Schonberg). As versións de Arteta explican o porqué do éxito da soprano que venceu nos concursos convocados polo Metropolitan Opera National Council Auditions de Nova York e o Concours International de Voix d’Opera Plácido Domingo de París, de xeito previo ao seu debut operístico, acontecido en Estados Unidos, no ano 1990.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Film socialisme”, de Jean-Luc Godard

xoves, 28 abril 2011, 10:09 | Category : cinema
Tags : , ,

Venres 29
20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

No ciclo "Quen teme a Jean-Luc Godard?", proxección de "Film socialisme" (Francia-Suíza, 2010, 101 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e guión: Jean-Luc Godard. Asistimos a un cruceiro polo Mediterráneo, cheo de conversas, idiomas e personaxes variados. Uns nenos convocan a seus pais ante o tribunal da súa infancia. Piden explicacións sobre a liberdade, a igualdade, a fraternidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aberta a convocatoria 2011 dos Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

Os Premios mc2"Prismas Casa das Ciencias á Divulgación" son unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses, Concello da Coruña, que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todos os profesionais que traballan neste campo.
Nesta convocatoria introduciuse unha importante novidade, como é a reorganización da modalidades a concurso, que avanza na liña de adaptarse ás novas tecnoloxías e formas de comunicación científica. Así, nesta edición concederanse os "Prismas de Bronce" aos mellores traballos de divulgación científica nas modalidades de audiovisuais, artigos xornalísticos, sitios web, dotado cun premio de 4.000 euros para o que se conta coa colaboración da revista Mètode, e "Prisma Especial do Xurado", modalidade dotada pola empresa PharmaMar grupo Zeltia cun premio de 9.000 euros.
Os traballos presentados deberán tratar sobre calquera tema en relación coas ciencias físicas e naturais, tanto nos seus aspectos xerais, como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia, que contribúan á mellor comprensión das ideas, actitudes e procesos científicos.
O prazo de presentación de traballos finaliza o 31 de agosto.
As bases completas poden descargarse aquí: Bases Premios Prismas Museos Cientificos Coruñeses 2011.

23 ANOS PREMIANDO A DIVULGACIÓN
Os "Prismas Casa das Ciencias" tiveron a súa primeira entrega no 1988, co ánimo de fomentar o exercicio da divulgación científica, así como apoiar e estimular a persoas e colectivos na tarea de crear productos útiles para a educación social da ciencia.
Inicialmente só contemplaba un premio de vídeos científicos, pero en convocatorias posteriores, pasouse en diferentes etapas a engadir outras modalidades: en 1993 foron os libros editados e os textos inéditos,; en 1994 incluíronse os traballos en soporte informático; en 1996 contemplouse por primeira vez a modalidade de artigos xornalísticos; no ano 2000 incorporouse o "Prisma Especial do Xurado", e en 2001 presentouse a modalidade de traballos multimedia, que supuxo unha reorganización das modalidades existentes para recoller nunha todos os soportes audiovisuais, así como os CD-ROM, páxinas WEB ou programas informáticos.
A sucesión de adaptacións aos formatos e tecnoloxías de que se serve a comunicación científica culmina en 2011 coa presentación das catro modalidades que agora se convocan: audiovisuais, artigos xornalísticos, sitios web, e "Prisma Especial do Xurado".
Nas 23 edicións pasadas permiten ofrecer algún datos. Recibíronse máis de 2.500 traballos, predominando as presentacións en multimedia e artigos xornalísticos. En canto á temática dos traballos, a máis frecuente é a zoología, a botánica, a saúde, a astronomía, a física e a química. E no referente aos participantes, un 90% son españois, e máis de 300 traballos son galegos.
A cerimonia de entrega dos Premios celébrase cada ano o sábado máis próximo ao 15 de novembro, festividade de San Alberto Magno, patrón das Ciencias. En 2011, esta reunión de divulgadores na Coruña será 12 de novembro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: representación de “Leve, a nada entre as mans”, por Maricastaña, no FITEUC 2011

Xoves FITEUC28
Fórum Metropolitano
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Prosegue a programación do XVIII "Festival Independente de Teatro Universitario da Coruña" (FITEUC 2011), coa representación de "Leva, a nada entre as mans", de Fernando Dacosta, a partir do texto "Seda", de Alessandro Baricco, por Maricastaña, da Aula de Teatro Universitaria de Ourense.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum do 28 ao 30 de abril (Sala Marilyn Monroe)

mércores, 27 abril 2011, 11:25 | Category : cinema
Tags : , ,

"El coronel no tiene quien le escriba", de Arturo Ripstein (España-Francia-México, 1999, 107 minutos, V. O. en castelán), para todos os públicos, dentro do ciclo Cine e literatura, na Sala Marilyn Monroe. O coronel non perdeu a esperanza de que algún día chegue a carta na que lle anuncien a pensión que lle prometeron. Todos no pobo saben que espera en van, ata a súa esposa, unha esquelética muller que padece a fame e a pobreza mentres observa o seu marido continuar todos os venres co seu solemne ritual para ir recoller a carta que nunca chegará. Proxeccións: xoves 28 ás 20:15; venres 29 de abril ás 20:15 e 22:45; sábado 30 de abril ás 17:15 e 20:15 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum do 28 ao 30 de abril (Sala Fernando Rey)

"Bled Number One", de Osama Elkharraz, (Francia, 2005, 120 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 12 anos, dentro do ciclo Histories de vies, na Sala Fernando Rey. Kamel, un home nado en Alxeria, é posto en liberdade dunha prisión francesa e deportado ao seu país. Alí encóntrase unha sociedade moi cambiada e dividida entre a tradición e a modernidade. Proxeccións: xoves 28 ás 20:30; venres 29 de abril ás 20:30 e 23:00 h.. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). A sesión das 23:00 h., 1,50 euros.

"Wesh wesh, qu'est-ce qui se passe?", de Abdel Kechiche, (Francia, 2005, 120 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 12 anos, dentro do ciclo Histories de vies, na Sala Fernando Rey. Kamel, un mozo do ghetto francés, preto de París, volve a Francia. É arrestado por traficar con drogas, pásase cinco anos no cárcere e é expulsado de Francia por dous anos. Intenta, coa axuda da súa familia, atopar un traballo e vivir unha vida normal. Pero nada é normal no ghetto. Proxeccións: sábado 30 ás 17:30 e ás 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). A sesión das 17:30 h., 1,50 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: Seminario “Quen teme a Jean-Luc Godard?”

mércores, 27 abril 2011, 11:19 | Category : cinema, seminario
Tags : , , , ,

Venres 29
CGAI (Rúa Durán Loriga 10, baixo)
De 17:00 a 20:15
Entrada con matrícula de balde e prazas limitadas. Información en:  info at cgai.org

A revolución constante que representa o cine de Jean-Luc Godard e o entusiasmo espertado polo seu último traballo, "Film: Socialisme" (2010), estreado en España, permite organizar un seminario en torno a este filme e a propia evolución do autor nos últimos anos. O seminario "Quen teme a Jean Luc Godard?" terá lugar na tarde do venres 29 de abril coa coordinación de Ángel Quintana e a intervención dun lendario estudoso da obra de Godard, o francés Alain Bergala –aproveitamos para proxectar o documental que realizou sobre Víctor Erice para a serie -, Gonzalo de Lucas e o propio Quintana.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: “Entre o universo e a tinta”, por Estíbaliz Espinosa, en “En feminino”

Xoves 1275494902413espinosa_estibalizespinosa28
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia "Entre o universo e a tinta", por Estíbaliz Espinosa, recital e coloquio literario con proxeccións en vídeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Día Internacional da Danza: proxección de “Billy Elliot” e posterior coloquio na Fundación Caixa Galicia

XovesBilly.Elliot 28
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
18:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das actividades do Día Internacional da Danza, organizadas por Ampadanza, proxección da película "Billy Elliot", e posterior coloquio coa participación de Luciano Gómez, director do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña; Mar García, técnica da Concellaría de Igualdade e Participación do Concello da Coruña; Domingo Álvarez, orientador vocacional de Equipo Orientación Específico da Xunta de Galicia e a doutora Milagros Ezquerro, psicóloga clínica e profesora de psicoloxía na Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: charla de Xulia Santiso no ciclo “Unha película, unha canción, un libro”

Xoves 28
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda prosegue o ciclo de charlas titulado "Unha película, unha canción, un libro", no que se amosarán as vivencias de distintos persoeiros desde un punto de vista totalmente separado da súa profesión, contando cales son os seus libros, películas e cancións preferidas e como incluso marcaron momentos importantes das súas vidas. Nesta ocasión falará a directora da Casa Museo Pardo Bazán, Xulia Santiso, que falará das súas vivencias nestes campos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Film socialisme”, de Jean-Luc Godard e “Víctor Erice: París-Madrid, allers-retours”, de Alain Bergala

mércores, 27 abril 2011, 11:12 | Category : cinema
Tags : , , , , ,

Xoves 28
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada para as 18:00 h.: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove). Ás 20:45 h., entrada gratuíta.

No ciclo "Quen teme a Jean-Luc Godard?", proxección de "Film socialisme" (Francia-Suíza, 2010, 101 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e guión: Jean-Luc Godard. Asistimos a un cruceiro polo Mediterráneo, cheo de conversas, idiomas e personaxes variados. Uns nenos convocan a seus pais ante o tribunal da súa infancia. Piden explicacións sobre a liberdade, a igualdade, a fraternidade; e, no ciclo "Fóra de serie", proxección de "Víctor Erice: París-Madrid, allers-retours" (Francia, 2010, 73 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Alain Bergala. Baixo a mirada de Alain Bergala, Víctor Erice evoca o cine americano da súa infancia, a impresión causada polo neorrealismo, a aparición da Nouvelle Vague, a escritura sobre cine, os espazos da memoria como cinéfilo e cineasta. Parte da mítica serie Cineastes de notre temps, o discurso rigoroso e cheo de sensatez de Erice viaxa entre Madrid e París nunha sinxela e emotiva lección de cine, a que desprenden as súas palabras. Presentación a cargo do propio Alain Bergala.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google