Voluntariado de préstamo a domicilio nas Bibliotecas Municipais

venres, 6 maio 2011, 12:23 | Category : bibliotecas
Tags : ,

O Bibliotecas Municipaispasado 28 de abril, na Biblioteca do Castrillón, informouse do programa de voluntariado das Bibliotecas Municipais da Coruña para préstamo no domicilio. Con el ponse en marcha un servizo que permite recibir libros, revistas, cd, dvd, no propio domicilio daquelas persoas que teñan reducida a súa mobilidade de forma temporal ou permanente. Deste xeito, o voluntario colabora na eliminación dunha situación de discriminación actuando de intermediario entre a biblioteca e as personas con problemas de mobilidade, facilitándolles que podan utilizar a biblioteca de forma regular e gratuíta: proporciona información sobre servizos e fondos; chega e recolle documentos; recolle información sobre os intereses dos usuarios; fai recomendacións; prepara guías de lectura e leva a lista de novidades.
Con isto téntase conseguir a colaboración voluntaria da cidadanía para construir unha cidade habitable e solidaria para todas as persoas, complementarse con outras entidades, compartir recursos e rendibilizar esforzos e contribuír á creación dunha grande rede solidaria de cidade.
Se estás interesado/a, podes contactar coa Biblioteca Pública Castrillón (Praza de Pablo Iglesias s/n), teléfono 981-184390 ou no correo electrónico  bcastrillon at coruna.es.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path