Domus: conferencia “Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?”, polo Dr. Lorenzo Monserrat
Luns
9
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00
Os Museos Científicos Coruñeses proseguen coa terceira edición do ciclo "Os luns con ciencia", co título "A saúde é o primeiro", coa intervención, que continúa a segunda fase deste ciclo, dedicada aos hábitos cardiosaudables, do Dr. Lorenzo Monserrat, que falará sobre "Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?". O Dr. Monserrat desenvolve un salientable labor investigador no Servizo Galego de Saúde, centrado sobre todo na clínica e xenética de alteracións relacionadas co corazón, realizando estudos e seguimento en máis de 800 familias nas que aparecen este tipo de problemas xeración tras xeración. É ademais fundador e director científico de "Health in Code", compañía dedicada ao diagnóstico e consello xenético de cardiopatías. Nesta terceira edición de "Os luns con ciencia" o tema central é a saúde, tratando específicamente os trasplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), se conta coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). O ciclo Luns con Ciencia ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns.














