Forumfolk: concerto de Projecto ['trepia]
Luns
9
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 3 euros).
Dentro do Ciclo Forumfolk, concerto de Projecto ['trepia]. Grupo que nace en Pontevedra no 2008, aglutinando nun só espectáculo música tradicional e electrónica, danza tradicional e videocreación. Trepia crea unha descontextualización deste agora, arrastrando o pasado galego en forma de paladeo. Os recursos empregados son o "sambleo" de bases, a utilización da zanfona electro-acústica e, como non, voces e percusión. Os pasos, as voces, os sons, as repeticións, a choiva, lembrarannos os tempos que vivimos e aqueles que nos contaron.














