Presentación do libro “Transgresión e fraxilidade”, de Miguel Mato, e programación especial en CUAC FM sobre Lois Pereiro
Martes 10
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro "Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro", de Miguel Mato, publicado en Laiovento. No acto o autor estará acompañado por Xavier Seoane e Roberto Catoira.
Ese mesmo día, 10 de maio, haberá unha programación especial de en CUAC FM, arredor da figura de Lois Pereiro:
- De 17:00 a 18:00 horas, programa de radio "A fume de carozo" realizado polos alumnos dos Escolapios da Coruña (Lois foi alumno dos Escolapios de Monforte) en homenaxe a Lois Pereiro.
- De 19:00 a 20:00 horas, programa de radio "Recendo", realizado pola A. C. Alexandre Bóveda en homenaxe a Lois Pereiro, coa presenza de Miguel Mato.














