Normal: proxección do documental “Digna rabia”
Mércores
11
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Proxección de "Digna rabia", documental da "Asociación da Memoria Histórica do 36" de Ponteareas organizado pola Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña. Un conxunto de mulleres reflexionan sobre o impacto que o franquismo tivo nas súas vidas. Repasan a soidade das mulleres na posguerra, a súa reclusión no mundo doméstico, a ideoloxía da muller falanxista, a responsabilidade da Igrexa Católica na submisión da muller, a violencia de xénero, as dificultades para instruírense, o Servizo Social e o seu infatigábel compromiso co traballo malia non contar co recoñecemento do que gozaban os homes.














