Galería Sargadelos: “Un lugar sen rastro ou de como a palabra impide”, conferencia de Estevo Creus

xoves, 12 maio 2011, 12:20 | Category : conferencias
Tags : , ,

Venres Escrita(s)13
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Continúa o "Ciclo Escrita(s) 2011", que, baixo o título de "Circunvolucións", consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. As charlas desenvolveranse todos os venres ás 20:00 h., até o 10 de xuño. (Aquí deixamos o programa completo: Ciclo Escritas 2011 Sargadelos). Nesta sexta charla, Estevo Creus falará sobre "Un lugar sen rastro ou de como a palabra impide". A través de intervencións e accións poéticas abrirase unha reflexión sobre a desaparición do corpo ou a aparición do corpo como inimigo no eido teórico, político, social e científico. A necesidade da literatura e as artes como mecanismo de normalización da excepción. Unha teoría sobre o perigo das teorías ou de cómo a palabra impide: e se non me deteño e dou un salto e me deteño e salto? e se me deteño e dou un salto e non me deteño e salto? O precioso é unha condición do obxeto ou o precioso é maderable? e se todo é 1 é?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path