Festa do Libro: actividades do martes 17, último día
Finaliza
esta nova edición da FESTA DO LIBRO, aberta desde o venres 13 nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o seu último día: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:
* Martes 17:
- 12:00 h.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
- De 17:30 a 19:30 h.- "Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato". Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
- 18:00 h.- Presentación da serie de novelas "Suso Espada", de Francisco X. Fernández Naval (Ed. Everest). Lectura de fragmentos da última entrega "Suso Espada. Nota Roja". Participan Irene Penas, directora de Everest Galicia e o propio autor. No Kiosco Alfonso.
- 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
- 19:00 h.- Actuación de Nova Galega de Danza: "Tradicción". Diante do Kiosco Alfonso.
- 20:00 h.- "Declaración audiovisual: Lois Pereiro", por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
- 20:30 h.- "Moita poesía, pouca diversión". Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.














