Ciclo “Os xoves na Sagrada”: concerto de Cutz’N’Mouse
Xoves
19
Biblioteca da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Volve comezar o ciclo "Os xoves na Sagrada" cun concerto de música electrónica e scratch a cargo de "Cutz'N'Mouse". Dende Mannheim (Alemaña) chega o grupo de música electrónica e scratch, Cutz'N'Mouse que é todo un referente xa que traballan dende hai dez anos neste panorama musical. Inspíranse no hip-hop, trip-hop, jazz e novos estilos como o dub-step, combinando todos os xéneros a través de catro pratos e música electrónica en directo. Cutz'N'Mouse actuaron xa en París, Berlín, Sofía, Praga e Madrid, participando como teloneiros de Morcheeba, Saïan Supa Crew, Talib Kweli, Scratch Perverts ou Kruder&Dorfmeister. A técnica do scratch, a pesar de que moita xente pensa que é só un ruído estraño que se produce cando un disco se move cara adiante e cara atrás, é un elemento inegrado en moitos estilos musicais. Mesmo Herbie Hancock ou os Beastie Boys utilizan sons de scratch en moitas das súas actuacións en vivo. Actualmente é xa algo habitual en anuncios e programas televisivos.














