Galería Sargadelos: conferencia “Aparecendo fontainhas”, de Aurelio Castro

Venres Escrita(s)20
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Continúa o "Ciclo Escrita(s) 2011", que, baixo o título de "Circunvolucións", consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. As charlas desenvolveranse todos os venres até o 10 de xuño. (Aquí deixamos o programa completo: Ciclo Escritas 2011 Sargadelos). Nesta sétima charla, Aurelio Castro falará sobre "Aparecendo fontainhas". Estarricado no cuarto de Vanda ou redivivo na carta de Ventura, o barrio das Fontainhas emprestoulle ao cinema de Pedro Costa, de 2000 a 2006, a resistencia do claroscuro; e canda ela, un retruécano: a visibilidade da política conleva unha política da visibilidade. Devalo lumínico, o da banlieue lisboeta, cuxa intelectualidade era á vez o desacordo de Jacques Rancière pola sustracción de Alain Badiou. Xustamente, non aparece quen quere, senón quen pode.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path