Exposición fotográfica “Adestrando un soño”, de Gabriel Tizón, no exterior do Palacio de Deportes
Do
venres 27 de maio ao mércores 31 de agosto
Exterior do Complexo Deportivo de Riazor
Acceso libre.
"Adestrando un soño" é un proxecto de Gabriel Tizón (Ferrol, 1973) de exposición fotográfica na rúa. Ocupando as vidreiras do complexo deportivo de Riazor, sete grandes imaxes nos mostras a nenos de África xogando ao fútbol, sen dúbida o deporte máis seguido do continente. Boa parte do ocio de nenos, mozos e adultos xira en torno ao fútbol. Para moitos destes mozos Europa é o mundo dos grandes futbolistas, con contratos millonarios. Chegar a esa rica Europa é o obxectivo e o fútbol é o máis grato dos camiños. Con estas imaxes o xogo destes nenos poderá ser contemplado nun grande estadio como é Riazor. Dirixido ao gran público, ten unha mensaxe especial aos nosos nenos e mozos: o deporte é basicamente un xogo que para ser gozado non necesita uns grandes medios. Pretende tamén chamar a atención aos nosos deportistas profesionais e unha petición de implicación social. Organizado polas Concellarías de Deportes e de Cultura, as sete imaxes ocupan case 100 metros cadrados das ventás do pavillón municipal, sendo visibles dende o paseo e a praia de Riazor. A exposición permanecerá durante o verán.














