CGAI: “Revelacións nocturnas”, de Phil Solomon, e “Cancións cinemáticas”, de Nathaniel Dorsky
Martes
31
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).
No ciclo "O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky, Phil Solomon, Robert Beavers", proxección de "Revelacións nocturnas" (Estados Unidos, 1980-2002, 65 minutos). Phil Solomon presenta ás súas pezas de xeito cronolóxico amosando a beleza do seu traballo, a forza emocional e melancólica das imaxes: "Nocturne" (1980), "The exquisite hour" (1989), "Psalm Li: walking distance" (1999), "Yes, I said yes, I will, yes" (1999), e "Seasons..." (2002); e, ás 20:45 horas, proxección de "Cancións cinemáticas" (Estados Unidos, 1976-2000, 85 minutos). Nathaniel Dorsky, cineasta xa clásico da vangarda norteamericana, ten dúas grandes motivacións: as posibilidades da luz e o silencio, e a exploración dese campo de enerxía creado entre a pantalla e o espectador. Mestre da montaxe, mergúllanos nun universo exquisito e hipnótico: "Triste" (1978-1996), "Alaya" (1976-1987) e "Arbor vitae" (1999-2000).














