CGAI: “A aura de todas as cousas”, de Robert Beavers e “Waiting for twilight”, de Noam Gonick

martes, 31 maio 2011, 10:13 | Category : cinema
Tags : , , , ,

Mércores A aura de todas as cousas1
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

No ciclo "O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky, Phil Solomon, Robert Beavers", proxección de "A aura de todas as cousas" (Estados Unidos, 1975-2010, 74 minutos). Todas as películas de Robert Beavers reflicten o seu intenso estudo da poesía, a música, a pintura e a arquitectura. Herdeiro de pensadores e escritores como Leonardo Da Vinci ou John Ruskin, rescata a mirada renacentista cara ao mundo natural e o creado polo home: "Ruskin" (1975-1997), "Pitcher of colored light" (2007) e "The suppliant" (2010); e, ás 20:45 horas, no ciclo "Guy Maddin", proxección de "Waiting fot twilight" (Canadá, 1997, 60 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e guión: Noam Gonick. A rodaxe de "Twilight of the Ice Nymphs" case finiquita a carreira de Maddin, envolto nunha odisea laboral (problemas cos produtores, imposición do reparto, traballo nun novo formato, 35 mm.). Afortunadamente, un documental de Noam Gonick recolle a estraña atmósfera xurdida. Narrada por Tom Waits, unha indagación no perfil creativo de Maddin, os seus inicios, filias, paixóns, entusiasmos e desesperacións.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path