Exposición fotográfica “Adestrando un soño”, de Gabriel Tizón, no exterior do Palacio de Deportes

venres, 27 maio 2011, 11:28 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , ,

DoGabriel Tizón venres 27 de maio ao mércores 31 de agosto
Exterior do Complexo Deportivo de Riazor
Acceso libre.

"Adestrando un soño" é un proxecto de Gabriel Tizón (Ferrol, 1973) de exposición fotográfica na rúa. Ocupando as vidreiras do complexo deportivo de Riazor, sete grandes imaxes nos mostras a nenos de África xogando ao fútbol, sen dúbida o deporte máis seguido do continente. Boa parte do ocio de nenos, mozos e adultos xira en torno ao fútbol. Para moitos destes mozos Europa é o mundo dos grandes futbolistas, con contratos millonarios. Chegar a esa rica Europa é o obxectivo e o fútbol é o máis grato dos camiños. Con estas imaxes o xogo destes nenos poderá ser contemplado nun grande estadio como é Riazor. Dirixido ao gran público, ten unha mensaxe especial aos nosos nenos e mozos: o deporte é basicamente un xogo que para ser gozado non necesita uns grandes medios. Pretende tamén chamar a atención aos nosos deportistas profesionais e unha petición de implicación social. Organizado polas Concellarías de Deportes e de Cultura, as sete imaxes ocupan case 100 metros cadrados das ventás do pavillón municipal, sendo visibles dende o paseo e a praia de Riazor. A exposición permanecerá durante o verán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Colón: ópera “Sesostre, re d’Egitto”, no Festival Mozart 2011

Domingo BANNER_festival_mozart_castellano215px29
Teatro Colón
19:00
Entradas: 11, 14, 20 e 27'50 euros (máis información aquí).

Prosegue o Festival Mozart 2011 coa ópera "Sesostre, re d'Egitto", de Domènec Terradellas (1713-1751), con libreto de Apostolo Zeno e Pietro Pariati. Nais desesperadas, heroes e heroínas míticas, tiranos sádicos, amantes cándidos, hedonistas puros, místicos, pusilánimes, déspotas destrutivos, odio transformado en xenerosidade, luxuria en contención, envexa en respecto, dor en esperanza, medo en alegría…. O Teatro Musical da Emoción é o legado fundamental da Escola Napolitana á que pertence “Sesostri, re d’Egitto” (Roma 1751) derradeira ópera do compositor barcelonés Doménec Terradellas antes do seu pasamento aos 38 anos de idade en estrañas circunstancias (entre as que non se exclúe a posibilidade de asasinato). Estreada en Roma e posteriormente en Barcelona en 1754, Sesostri está considerada como a mellor composición de Terradellas e un claro exemplo de transición do estilo rococó ao clasicismo. Interpretada por Sunhae Im (soprano), Verónica Cangemi (soprano), Kenneth Tarver (tenor), Mari Eriksmoen (soprano), Raffaella Milanesi (soprano) e Ed Lyon (tenor), coa Orquestra da Real Compañía de Ópera de Cámara de Barcelona (con instrumentos orixinais), baixo a dirección de Juan Bautista Otero Senra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: XXXI Concurso de baile tradicional Xacarandaina

venres, 27 maio 2011, 11:16 | Category : danza
Tags : , ,

Domingo 0211xacarandaina29
Coliseum
16:00
Entradas: 6 e 8 euros.

"XXXI Concurso de baile tradicional Xacarandaina", co seguinte programa. Na súa páxina web pódense coñecer os gañadores deste XXXI Concurso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MACUF: concerto “Proxecto Galicia XXI”, de compositores galegos actuais

Domingooido_contemporaneo1011 29
MACUF (Avenida de Arteixo, 171)
12:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "El oído contemporáneo", concerto "Proxecto Galicia XXI" de compositores galegos actuais, cun programa composto por obras de Karolis Biveinis, Elixio Vila, Edgar Varèse, Jorge Berdullas del Río, Paulino Pereiro e Jesús Rodil.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: festival de danza oriental “Layali al Qahira (Noites do Cairo)”

venres, 27 maio 2011, 11:10 | Category : danza, música
Tags : ,

Sábado Layali al Qahira28
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 9, 11, 13 e 17 euros.

Festival de danza oriental "Layali Al Qahira (Noites do Cairo)". Nel poderanse ver bailarinas profesionais de Danza Oriental de renome internacional que interpretarán coa súa danza os grandes éxitos da música árabe clásica, popular e actual, ademais de grandes temas clásicos de Al Andalus e folclore árabe, pasando polas fusións máis espectaculares co flamenco árabe, a danza con espada e os Isis Wings con mostras de estilo exipcio, solo de percusión, con velo de seda, clásica, saidi con bastón (folclore do Alto Exipto). Intérpretes: Dalila of Cairo, Vanessa Lakshmi, Camelia Saphire, Ana Naar - Compañía Naar, Ruth de la Huerga, Victoria Ivanova, Miren Ripa e Julia Méndez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca dos Rosales: “A Nouvelle Vague”, no ciclo “Érase unha vez o cine”

Sábado Erase unha vez o cine28
Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

O ciclo "Érase unha vez o cine: Introducción á historia do cine en 6 sesións" achegará o público interesado ao mundo cinematográfico a través do visionado comentado e contextualizado de fragmentos de películas dende os inicios ata o cine moderno. Nesta quinta sesión: "A Nouvelle Vague".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: “Descubrindo xuntos”, programa para bebés entre 1 e 2 anos

venres, 27 maio 2011, 11:09 | Category : bibliotecas, infantil
Tags : ,

Sábado 28 de maio
Biblioteca do Fórum Metropolitano
Horario: 17:30
Entrada: inscrición previa, convite a recoller desde o sábado 21 de maio.

"Descubrindo xuntos", programa para bebés de 1 a 2 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “18 comidas”, de Jorge Coira

venres, 27 maio 2011, 11:00 | Category : cinema
Tags : , ,

Sábado 18 comidas28
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo "Off Galicia - Premios Mestre Mateo", proxección de "18 comidas" (2010, 107 minutos). Dirección: Jorge Coira. Mestre Mateo á mellor longametraxe. Macéranse os personaxes durante unha xornada, removendo ben para que as súas historias liguen ata formar unha masa consistente e esponxosa. Sazonar xenerosamente cunha mestura de drama e comedia, dándolle liberdade aos ingredientes para impregnarse do sabor dos outros. Meter no forno e esperar que se cociñen a fogo lento eses anacos de vidas que non son nosas pero poderían selo. Aliñar a gusto con risas e bágoas e, finalmente, sírvese nunha boa mesa, para que, quen o desexe, poida degustar, durante algo máis de hora e media, estas 18 comidas. Presentación coa presenza do seu autor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Contos cos trasnos”, de Trinke Trinke, na Biblioteca González Garcés

venres, 27 maio 2011, 10:59 | Category : bibliotecas, infantil
Tags : , ,

Sábado 28
Biblioteca Miguel González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n.)
11:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro da programación infantil da Biblioteca, "Contos cos trasnos", pola Compañía do Trinke Trinke, para nenos e nenas entre 3 e 7 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Librería Cascanueces: pintada do mural e actividades especiais o sábado 28 de maio

venres, 27 maio 2011, 10:50 | Category : infantil, obradoiros, pintura
Tags : ,

Sábado Cascanueces28
Librería Cascanueces (Rúa Cordonería, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

O sábado 28 de maio, durante todo o día, terá lugar a pintada do mural da Librería Cascanueces, por parte de David Pintor e amigos. Ademais, a partir das 12:30 horas, para os máis pequenos, terá lugar un contacontos e un obradoiro de globoflexia, e desde as 18:00 horas, máis contacontos e obradoiro de pintura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Barlovento”, concerto de SonDeSeu

xoves, 26 maio 2011, 11:39 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Venres Barlovento27
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 7 e 10 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, desconto dun 20 %).

SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abarcan gaitas, percusión, zanfoña, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada. Presentarán neste concerto o seu último disco, "Barlovento", no que a música arrola como o son do vento nas velas, a volta á vida da rica cultura mariñeira dos nosos antepasados, mergullada nun presente de acentos propios e brazos abertos ao futuro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Mar de fondo”, de Rodolf Sirera

xoves, 26 maio 2011, 11:30 | Category : teatro
Tags : , , , ,

Venres Mar de fondo27 e sábado 28
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 4 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados, 3 euros).

Representación de "Mar de fondo (As regras do xénero)", de Rodolf Sirera. Isabel, de profesión escritora de novelas comerciais, decide aos sesenta anos cambiar de escritura e de vida e opta por iniciar unha nova sen estar suxeita a tantas convencións. Por esta razón, reúne na súa casa a toda a familia, pois teme que o xiro que imprimirá á súa vida lles afecte negativamente. Ponse en marcha, entón, unha intriga que revela unhas particulares relacións familiares e uns personaxes melodramáticos que se moven nunha casa chea de sospeitosos e de cadáveres. Pola compañía Sal-monela Teatro, con María José Insua, Cristina Freire, Raquel Silveira, Modesto Gómez e Ramón Abeledo, baixo a dirección de Modesto Gómez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto “Grandes voces da lírica: Caro Verdi”, no Festival Mozart 2011

Venres BANNER_festival_mozart_castellano215px27
Palacio da Ópera
21:00
Entradas: 11, 15, 20 e 27'50 euros (consultar aquí).

Prosegue o Festival Mozart 2011 co concerto "Grandes voces da lírica: Caro Verdi", cun programa composto polas aberturas, arias e dúos das máis famosas óperas de Giuseppe Verdi. Da Sinfonia de La forza del destino (orquestra): Eri tu… (aria de Renato do acto III de Un ballo in maschera), Tutto parea sorridere… Si, de’ corsari i fulmine (aria & cabaletta de Corrado do acto I de Il corsaro); da Sinfonia de La battaglia di Legnano: È lui! desso! l’Infante! Dio che nell’alma infondere (dúo de Don Carlos e Rodrigo do acto I de Don Carlos) e È strano! (escena & aria de Violetta do acto I de La Traviata); da Sinfonia de Nabucco (orquestra): Del infame Banchetto… Tu del mio Carlo… Carlo vive (aria & cabaletta de Amalia do acto II de I masnadieri), Credo in un Dio crudel (aria de Iago do acto II de Otello), Quando le sere al placido… (aria de Rodolfo do acto II de Luisa Miller), Pura siccome un angelo (escena & duetto de Violetta e Germont do acto II de La Traviata), Preludio do acto III de La Traviata, Parigi, o cara, noi lasceremo (escena e duetto de Violetta e Alfredo do acto III de La Traviata). Pola Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Pietro Rizzo, e con Ermonela Jaho (soprano), Josep Bros (tenor) e Giovanni Meoni (barítono).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Representación de “Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda”, no Colexio Calvo Sotelo

Venres Vida, paixón e morte27
Colexio Calvo Sotelo (Rúa Mr. Archer Milton Huntington)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Representación de "Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda", polo Grupo de Teatro da Asociación Alexandre Bóveda. Esta obra é unha adaptación teatral a cargo do director do grupo de teatro, Xoán Carlos Mejuto, da coñecida obra do mesmo nome de Xerardo Álvarez Gallego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galería Sargadelos: conferencia “T(r)opos ou unknow pleasures”, de Rebeca Baceiredo

xoves, 26 maio 2011, 11:28 | Category : conferencias
Tags : , ,

Venres Rebeca Baceiredo27
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Continúa o "Ciclo Escrita(s) 2011", que, baixo o título de "Circunvolucións", consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. (Aquí deixamos o programa completo: Ciclo Escritas 2011 Sargadelos). Nesta oitava charla, Rebeca Baceiredo falará sobre "T(r)opos ou unknow pleasures": "A linguaxe empápase dunha orde social e reprodúcea. A linguaxe, logo, funciona con consignas. Que un texto dinamite a armazón pola que se liga ao statu quo é que as palabras dun texto deixen un espazo ao seu redor para poder latexar o seu ritmo, o seu tacto. Facer balbucir a lingua é do que se fala. Ir máis alá da linguaxe, e que isto signifique unha revolución. Das conciencias."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google