“Unha estrela no ceo de Galicia”: acto conmemorativo do 150 aniversario dos “Xogos Florais da Coruña” de 1861

Sábado Xogos_Florais_Cartel2
Fachada do Teatro Rosalía de Castro
De 13:00 a 13:50 horas
Entrada libre.

A Real Academia Galega e a Concellaría de Cultura promoven "Unha estrela no ceo de Galicia", acto conmemorativo do 150 aniversario dos "Xogos Florais da Coruña" de 1861, co seguinte programa (Xogos Florais 1861-2011 Unha estrela no ceo de Galicia):
- 13:00 h. Abre o acto un baile de Nova Galega de Danza.
- 13:05 h. Saúdo e presentación do acto polo secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos Agrelo.
- 13:10 h. Lectura dalgúns poemas galegos do Álbum de la Caridad, publicado un ano despois dos Xogos Florais de 1861. Coa intervención de: Consuelo Bautista, xornalista de Radio Coruña; Manuel Gallego, arquitecto; Begoña Varela Bárcena, libreira de Nova Colón; Gonzalo de la Huerga, conselleiro do Consello Consultivo de Galicia; Marisol López Facal, médica; Xosé María Barja, reitor da Universidade da Coruña; Luísa Merelas, actriz; Roberto Pérez Vila, presidente do comité de empresa de Zara Loxística; Laura Gayoso, sumiller e restauradora; Ánxel Vázquez de la Cruz, médico; e Charo Soto Arias, vicedirectora do IES Eusebio da Guarda.
- 13:25 h. A presidenta da Asociación de Compositores de Galicia Margarita Viso Soto interpreta ao piano a muiñeira de Canuto Berea, peza que se escoitou nos Xogos Florais de 1861.
- 13:30 h. Discurso do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.
- 13:40 h. Desde a Serra de Outes, terra natal do poeta Francisco Añón, galardoado nestes Xogos Florais, traen unha ofrenda vexetal para os promotores e organizadores dos Xogos. O secretario da Asociación cívico-cultural Terra de Outes, Ramón Blanco, fai entrega dun carballo ao presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte, e dun loureiro á descendente dos irmáns de la Iglesia, María Rosa Saurín de la Iglesia.
- 13:45 h. Pecha o acto a Banda Municipal de Outes coa interpretación do Himno galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa das Ciencias: presentación do programa infantil de Planetario “La niña que sabía caminar al revés”

Venres mc21
Casa das Ciencias
11:30

Presentaración do programa infantil de planetario "La niña que sabía caminar al revés". É un conto boca abaixo, unha historia dada a volta que quere invitarnos a contemplar o que nos rodea desde un novo punto de vista. Aquí todo é diferente, e alí onde antes viamos soamente chan, agora quizá podamos ver o ceo. A estrea deste novo programa abre a campaña de verán na Casa das Ciencias, ampliando a oferta para os máis pequenos. É unha produción do Planetario de Pamplona adaptada ao planetario dixital da Casa das Ciencias, pensada para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aquarium Finisterrae: exposición “Fotógrafos da Natureza 2011. Wildlife Photographer of the Year”

Un mc2ano máis o Aquarium Finisterrae presenta a exposición de fotografías de natureza máis importante: "Fotógrafos da Natureza 2011", que contén as imaxes gañadoras e finalistas nas diferentes seccións do certame "Wildlife Photographer of the Year". O concurso, considerado polos profesionais como o máis prestixioso do mundo, está promovido polo Natural History Museum de Londres e a BBC Wildlife Magazine.
As fotografías da mostra, aloxada na sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae durante os meses de xullo e agosto, foron seleccionadas entre as 31.152 que se presentaron ao certame, e son obra de fotógrafos profesionais e afeccionados de 80 países. Entre eles hai 6 españois, dous dos cales obtiveron o primeiro premio en 2 das 15 categorías que se contemplan: Francisco Mingorance, en "Forma e composición", e Jordi Chías Pujol, en "Premio Planeta Terra".
As imaxes da exposición conforman un conxunto de memorables retratos, extraordinarias instantáneas e impresionantes paisaxes que recordan o esplendor, dramatismo e variedade da vida no noso planeta. Deixamos aquí a foto que obtivo o título de "Wildlife Photographer of the year", "Teatro de sombras", do húngaro Bence Máté:

Bence Máté

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IV “Festival Empape”: actividades do venres 1 de xullo

xoves, 30 xuño 2011, 8:32 | Category : danza, música
Tags : , , , , , , ,

Estas anvson as actividades do venres 1 de xullo no IV "Festival Empape":

* ESCALINATA DA DOMUS
- 20:30 h. DECALAGE (Reino Unido) – Appel– (estrea en Galicia). Trío baseado na interacción viva entre dous bailaríns e un músico, retratando elementos instintivos de danza e a espontaneidade da música, inspirada a partes iguais en B-boying, capoeira e danza contemporánea.
- 20:45 h. ÁNGEL MONTERO - (Galicia) – Queda por chover- (Impulso a novos creadores) (ESTREA). Esta obra fálanos sobre eses orballos crónicos que nos achegan á lembranza, as que un padece no peso da soidade.
- 21:00 h. SHLOMI BITTON – (Israel) – Dálle vida (ESTREA). "Este son eu. De pé ante vós. Estes son os meus pensamentos, que oes, e esta é a humilde oferta que fago por agora. É o mellor que podo facer para min e para vós agora mesmo".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centro Ágora: concerto final do IX “Seminario de Jazz Cidade da Coruña”

Venres Ágora1
Centro Ágora (Rúa Ágora s/n. – ao lado do IES Agra do Orzán)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto final do IX "Seminario de Jazz Cidade da Coruña", organizado pola Escola Municipal de Música. Coa participación de Jean Toussaint (saxo), Scott Stroman (trombón e voz), Nikki Iles (piano), José Acuña (guitarra e baixo), Brian Abrahams (batería e percusión), e todos os alumnos matriculados en dito Seminario.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cea-concerto de “Nouvelle Cuisine”, en Casa Indiana

xoves, 30 xuño 2011, 7:45 | Category : concertos, música
Tags : ,

Venres CASAINDIANA nouvelle cousine1
Casa Indiana (Rúa Gambrinus, 14)
22:00
Entradas: 20 euros (confirmar asistencia no 981-257681 ou en  reservas at casaindiana.es).

Cea-concerto coa actuación do grupo "Nouvelle Cuisine".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: “Crónica dunha viaxe a Escocia”, charla de Felipe Senén

mércores, 29 xuño 2011, 11:42 | Category : conferencias
Tags : , ,

Xoves 30 de xuño e venres 1 de xullo
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Felipe Senén dará a charla "Crónica dunha viaxe a Escocia", na que recollerá as experiencias da viaxe ralizada nos primeiros días de xuño, visitando enclaves de interese arqueolóxico, histórico ou etnográfico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Circo de Artesáns: Nice Vizoso, no ciclo “Concertos de verán”

mércores, 29 xuño 2011, 11:25 | Category : concertos, música
Tags : , , , , , ,

Xoves 30
Circo de Artesáns (Rúa San Andrés, 36)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro dos "Concertos de verán" desta entidade, actúa Nice Vizoso (piano), que interpretarán un programa composto por obras de Franz Joseph Haydn, Wolfgang A. Mozart, Frédéric Chopin, Claude Debussy e Isaac Albéniz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: presentación de “Lidia Senra. Historia dun liderado entrañable”, de Tareixa Ledo Regal

Xoves 30
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Lidia Senra. Historia dun liderado entrañable", de Tareixa Ledo Regal, publicado en Laiovento. Participarán no acto, acompañando á autora, a propia Lidia Senra e Carme Freire.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “La vida útil”, de Federico Veiroj

mércores, 29 xuño 2011, 10:19 | Category : cinema
Tags : , ,

Xoves La vida útil30
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada: 1’20 euros (0’60 euros carné xove).

No ciclo "Fóra de serie", proxección de "La vida útil" (Uruguai-España, 2010, 70 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Federico Veiroj. Co auxe do formato dixital, unha filmoteca ten que afrontar as transformacións que acontecen. A vida dun traballador desa filmoteca en Montevideo, Jorge, vai mudar drasticamente. Un filme libre, que acepta os desafíos e reinvencións da modernidade (formal, temática, discursiva) cunha composición depurada e multixenérica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IV edición do “Festival Empape”, 2011

Chegamos anvá cuarta edición do "Festival Empape", festival internacional de danza en paisaxes urbanas, que cada ano empapa de danza as rúas da cidade de Coruña.  Diferentes compañías percorrerán as rúas, parques e castelos, para facer unha interesante amálgama de arquitectura e danza, ofrecéndolle ao paseante un momento único do que poder disfrutar. Así poderemos ver pezas made in Galicia de recoñecidas creadoras como Andrea Quintana ou Janet Novás, ou de fóra das nosas fronteiras como os madrileños Álvaro Esteban e Elías Aguirre ou a compañía inglesa Decalage, entre outros.
Un ano máis, os Talleres de Formación volven ter o seu sitio no programa, talleres que se desenvolven na semana previa ao festival e teñen carácter gratuíto. O taller de danza que impartirá o israelí Shlomi Bitton e o taller de danza en familia a cargo da catalana Arantza López, que reunirá ós máis pequenos da casa. Ademais este ano contamos con varias novedades especiais.
O Impulso a Novos Creadores ten como obxetivo dar un soporte artístico, loxístico e de producción, ás novas xeracións de artistas galegos por medio dunha asistencia artística de alguén recoñecido, para que conformen unha peza que será estreada no marco do Festival Empape. Nesta ocasión, o galego Ángel Montero contou ca asistencia de Ana Beatriz Pérez, para a creación de Queda por chover.
Outra actividade paralela terá como punto de mira A Videodanza, por medio da charla-coloquio da videoartista cubana Alejandra Aguirre e as proxeccións de diferentes pezas que contan ca danza como motor principal; así como unha mostra doutros festivais da rede CQD
O Encargo de Peza para Auga é a invitación que lle trasladamos a un artista recoñecido para que elabore unha peza para un espazo da cidade no que o auga sexa un elemento indispensable da súa arquitectura. A creadora galega Andrea Quintana estrea nesta edición a súa peza Garabato para a Fonte da Solana, como resposta a nosa invitación a empaparse, literalmente.
Cabe destacar a presenza do colectivo Galician Urban Project, que nos farán unha demostración de Parkour (“o arte do desprazamento” nacido en Francia nos anos 90), moverse no entorno, avanzar sorteando os obstáculos en lugar de evitalos, máis que un arte ou un deporte, unha filosofía de vida.
Por último, hai que nomear tamén a colaboración do Centro Coreográfico Galego (CCG) co proxecto europeo Leonardo da Vinci; a través do que a coreógrafa galega Marta Alonso amosa a peza Baila un vestido verde nesta edición do Empape.

PROGRAMA FESTIVAL EMPAPE

Actividades Paralelas:
- OBRADOIRO TI ES O CREADOR, impartido por SHLOMI BITTON (Israel) no Centro Coreográfico Galego (Avenida de Glasgow, s/n.) do 28 de xuño ao 1 de xullo, de 11:00 a 14:00 horas. Entrada libre até completar capacidade.
- OBRADOIRO ISTO NON É O LAGO DOS CISNES –para bebés de 0 a 15 meses (cun/ha coidador/a) – impartido por Arantza López (Barcelona) en Normal (Paseo de Ronda, 47), do 28 de xuño ao 1 de xullo, de 16:30 a 18:00 horas. Entrada de balde.
- ESTREO DA VÍDEODANZA BLONDY'S COFFEE DE MASAKO HATTORI E A COMPAÑÍA ENTREMÁNS, PROXECCIÓN DE CALLEJERO 2004 E CHARLA COLOQUIO COA SÚA AUTORA, ALEJANDRA AGUIRRE - Normal (Paseo de Ronda, 47), o mércores 28 de xuño ás 19:00 horas. Entrada libre até completar capacidade.
- PROXECCIÓN DAS VÍDEODANZAS BLONDY'S COFFEE DE MASAKO HATTORI E A COMPAÑÍA ENTREMÁNSCALLEJERO 2004 DA VIDEOARTISTA CUBANA ALEJANDRA AGUIRRE, e DEMOS DOUTROS FESTIVAIS DA REDE CIDADES QUE DANZAN - Normal (Paseo de Ronda, 47), do 29 de xuño ao 1 de xullo, ás 18:00 horas. Entrada libre até completar capacidade.

* VENRES 1 DE XULLO 2011 – ESCALINATA DA DOMUS – 20:30 HORAS:
- DECALAGE (Reino Unido) – Appel– 20:30 horas (estrea en Galicia).
- ÁNGEL MONTERO (Galicia) – Queda por chover- (Impulso a novos creadores) (ESTREA).
- SHLOMI BITTON – (Israel) – Dálle vida (ESTREA).

* SÁBADO 2 DE XULLO 2011:
- DARAOMAI (Francia-Barcelona) – 1, 2, 3, poma! – NOVO PARQUE DE OZA. 12:30 horas.
- LUSCO E FUSCO (Galicia) – Viaxes - PRAZA DE PONTEVEDRA. 19:00 horas.
- IKER GÓMEZ (Madrid) e RUT BALBÍS (Galicia) – Apple Urban Drama – PRAZA DE PONTEVEDRA. 19:30 horas.
- MARTA ALONSO (Galicia) – Baila un vestido verde – ROMPEOLAS (Paseo Marítimo) – 19:50 horas (Colaboración Programa Leonardo-CCG).
- ÁNGEL MONTERO (Galicia) – Queda por chover – PARQUE DO MATADEIRO (Baixo Paseo Marítimo) - 20:30 horas (Impulso a novos creadores).
- PROYECTO D_RUSES (Zaragoza) (Jordi Vilaseca – Mickael Marso) – Citeaux - PARQUE DO MATADEIRO – 20:45 horas (Estrea en Galicia).
- GALICIAN URBAN PROJECT (Galicia) – Exhibición de Parkur – 21:00 horas (Arredor da DOMUS).

* DOMINGO 3 DE XULLO 2011:
- DECALAGE (Reino Unido) – Appel – PRAZA DE ESPAÑA – 19:30 horas.
- ANDREA QUINTANA (Galicia) – Garabato – FONTE AO PÉ DA MURALLA DO PARROTE – 20:00 horas (ESTREA) – (Peza en auga).
- EMBER/LA MACANA (Cataluña-Galicia) – Cola de Gallo - Exterior CASTELO DE SAN ANTÓN - 20:15 horas.
- ARANTZA LÓPEZ E LIBA VILLAVECCHIA (Barcelona) – Conversando íntimamente – CASTELO DE SAN ANTÓN – 20:35 horas.
- JANET NOVÁS (Galicia) – Marieta - CASTELO DE SAN ANTÓN – 20:55 horas.
- ELÍAS AGUIRRE E ÁLVARO ESTEBAN (Madrid) – Entomo - CASTELO DE SAN ANTÓN – 21:10 horas (Estrea en Galicia).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centro Ágora: “Aparente-mente”, por A. C. Manicómicos

Mércores Aparente-mente29 e xoves 30
Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n. Ao lado do IES Agra do Orzán)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Aparente-mente" é un espectáculo que xorde logo do obradoiro de Creación Escénica que se leva a cabo dentro do programa de formación en artes escénicas da A. C. Manicómicos, cun elenco que mestura artistas de diferentes disciplinas como o clown, o teatro xestual, o bufón, o cabaré, a danza ou o novo-circo, baixo a dirección de Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro. "Aparente-mente" trata, aproveitando as disciplinas antes mencionadas, o tema tan actual na sociedade moderna das apariencias, do que amosamos na nosa capa social externa que ás veces oculta o noso verdadeiro ser. Que hai baixo a variedade de máscaras que nos poñemos cada días das nosas vidas para estar aquí ou alá? como aprendemos a xestionar o seu uso segundo a situación social na que nos desenvolvemos? que deixamos de dicir cando non nos atrevemos a facelo? que imaxe ofrecemos de nós mesmos ante un mundo que xa por si mesmo non sabe vivir sen elas? Con: Vanessa Rivas, Paco Alvarellos, Cristina Ramallal, Maruxa Marsal, Teresa Babío, Raquel Mosquera, Carmen Cotelo, Yago Concejo, Ate, Uxía Vázquez, Tareixa Cambeiro, Mónica Suárez, José Varela e Marcial Blanco. A Asociación Cultural Manicómicos ven desenrolando dende o seu nacemento no 2004 un enorme labor de promoción das artes escénicas, con numerosas actividades, aparte das súas creacións teatrais, tales como o seu "Festival Internacional de Teatro Cómico", a súa escola de formación -que na actualidade desenvolve un amplo programa que dá cabida a 12 cursos diferentes-, ou a xestión e dinamización cultural con cantidade de proxectos, desenvolvidos polos seus máis de 60 socios na actualidade, e leva participado en diferentes circuítos culturais con espectáculos de creación propia, que levaron o sorriso e a diversión a cantidade de espectadores, tales como "Casting", "Os Colombaíños", "Cabaré Manicómico", "Almacabra", "Making of" ou "Deprimidos ao río".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: recital do Grupo Diversos

martes, 28 xuño 2011, 10:32 | Category : poesía, recitais
Tags : ,

Mércores Portas Ártabras29
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Recital de poesía do Grupo Diversos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: “Cita a dous”, encontro de música e poesía con Manu Clavijo e Estíbaliz Espinosa

martes, 28 xuño 2011, 10:32 | Category : coloquios, música, poesía
Tags : , , , ,

Mércores Cita a dous29
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Cita a dous" é un encontro entre dous creadores chegados de diferentes disciplinas artísticas, a partir dun pequeno manual de instrucións, na busca dun verdadeiro diálogo a partir do coñecemento artístico e persoal. Para iso, a parella convidada (en que unha das partes pertencerá sempre ao mundo da literatura) contará cun tempo previo á data sinalada para se mergullar na obra do outro, para entrar nela e facela súa… permitindo que, unha vez chegado o día da cita, non só xurda o encontro senón tamén o diálogo, a retroalimentación e a experiencia compartida. Nesta segunda cita contaremos cunha parella formada por música (Manu Clavijo) e poesía (Estíbaliz Espinosa), que porán voz, diálogo, proceso compartido, vivencias e experiencias a este encontro íntimo que busca falar, non só das obras finais que se mostran, senón tamén da relación que estas teñen con outras artes e daqueles diálogos e procesos compartidos que, a maior parte das veces, quedan ocultos. Coordina Antía Otero.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acto de entrega do IX “Premio de Poesía Novacaixagalicia” e recital de Emma Pedreira

martes, 28 xuño 2011, 10:32 | Category : poesía, premios, recitais
Tags : , ,

MércoresEmma Pedreira 29
Centro Social Novacaixagalicia (Avenida da Mariña, s/n.)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Acto de entrega do IX "Premio de Poesía Novacaixagalicia" a Emma Pedreira, tras o que a autora recitará poemas do libro premiado Antítese da ruína.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google