Biblioteca de Estudos Locais: presentación de “Elos”, de Paula Gómez del Valle
Xoves
2
Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación de "Elos", un libro con fotografías de Paula Gómez del Valle e poemas de Txiki Calvo, François Davo e Rodrigo Varela, publicado en Edicións Morgante. Deixamos unha parte do seu prólogo, a cargo de Tati Mancebo: "Paula abre os nosos ollos ou enfoca as nosas vistas inexperientes para cousas que só alcanzaremos a ver nas súas fotografías. As súas fotos son así lentes máxicos, con que nos agasalla para ela ter con quen partillar o seu gozo: un brillo único que precisa dunha garrafa ou dun violín onde pousar, para deixarse atrapar por quen ten a capacidade de o ver, un brillo como ser etéreo na procura de ollos activos que lle concedan unha identidade bidimensional. (...) "Elos" é tamén un diálogo aberto entre a imaxe e a palabra, ou entre a palabra visual e a palabra escrita, onde François Davo, Txiki Calvo e Rodrigo Varela toman o papel de interlocutores, de primeiros destinatarios das mensaxes da medium, cuxos testemuños se recollen e dan unha nova dimensión aos retratos do invisíbel de Paula."














