Galería Sargadelos: conferencia “Rosalía de Castro entre a modernidade e a antimodernidade – elementos para unha nova política de tempo”, de María do Cebreiro

Venres Sargadellos3
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Continúa o "Ciclo Escrita(s) 2011", que, baixo o título de "Circunvolucións", consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. (Aquí deixamos o programa completo: Ciclo Escritas 2011 Sargadelos). Nesta novena charla, María do Cebreiro falará sobre "Rosalía de Castro entre a modernidade e a antimodernidade – elementos para unha nova política de tempo": Rosalía de Castro nace no mesmo ano no que Charles Darwin debuxa no seu caderno de apuntamentos unha árbore que torcerá o curso do pensamento humano sobre a natureza. Así como dende Darwin o patrón evolutivo se converteu nun dos fundamentos das ciencias da natureza, a modernidade filosófica tendeu a converter a idea ilustrada do progreso nunha das súas principais liñas de forza. Na obra de Rosalía de Castro o progreso desempeña unha función ambivalente. A democracia radical, a utopía socialista e o feminismo da igualdade conviven coa defensa da especificidade cultural de Galicia e a temporalidade progresiva das grandes revolucións coexiste coa apoloxía de certos costumes ameazados pola modernidade. O dobre compromiso descrito permite contribuír a explicar a riqueza sempre problemática da súa obra, capaz de abrir un interrogante que segue batendo no presente: Como conciliar os principios dun igualitarismo universal de carácter emancipador co recoñecemento de distintos tempos dentro deste tempo?"

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path