Biblioteca da Sagrada Familia: concerto de “The Underscore Orkestra”, no ciclo “Os xoves na Sagrada”
Xoves
16
Biblioteca da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
"Os Xoves na Sagrada" pecha a súa tempada coa visita de "The Underscore Orkestra", unha banda que chega desde Portland (Oregón – Estados Unidos). A súa música é unha mestura de klezmer, gypsy jazz, swing e música balcánica. A súa instrumentación inclúe violín, acordeón, guitarra, banxo, clarinete, trompa, frauta, harmónica, baixo, voz e percusión. Cada un dos membros desta formación proveñen de distintos lugares de Estados Unidos e de países do Leste europeo. "The Underscore Orkestra" levou xa a súa arte por todos Estados Unidos, Europa, Canadá, México e Guatemala. Este ano, dentro da súa viaxe por Europa –Irlanda e Bélxica entre outros países- inclúen esta actuación na Coruña.














