Concerto de Asia: “The Omega Tour”, no Coliseum

mércores, 15 xuño 2011, 9:52 | Category : concertos, música
Tags : , , , , , ,

Xoves Asia16
Coliseum
22:00
Entradas: 25 e 30 euros.

Os membros orixinais de Asia fan unha xira para presentar as súas últimas cancións xunto a éxitos de sempre como "Heat of the Moment" ou "Time Again". Despois de encontros e desencontros, os membros fundadores volveron reunirse en 2006 para gravar un novo disco. Madrid, A Coruña e Málaga serán testemuñas deste fito musical que xunta no escenario a algúns dos principais artífices do rock progresivo e da súa posterior evolución con Asia: Carl Palmer (Emerson, Lake & Palmer), Geoff Downes (The Buggles e Yes), Steve Howe (Yes), e John Wetton (King Crimson e Uriah Heep). Asia creou un estilo propio de perdurábel éxito comercial, que os situou como o primeiro super-grupo da chamada "era MTV". O grupo afundía as súas raíces no rock progresivo, ao que proporcionaron unha nova perspectiva. "Omega" é o segundo disco tras a reunificación de Asia en 2006. Publicado na primavera do ano pasado, esta nova entrega insiste no selo persoal da banda, marcado pola elegancia dunhas cancións cheas de matices e novas ideas. En palabras do baixista e vocalista John Wetton, "desde la rockera ‘Finger on the Trigger’ até a melancólica ‘Thank You’, Omega é unha secuencia de historias reais a través dun rock maduro e conciso".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path