CGAI: “Mar libre”, de Dani de la Torre
Sábado
18
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.
Dentro do Ciclo "Off Galicia - Premios Mestre Mateo", proxección de "Mar libre" (2010, 161 minutos). Dirección: Daniel de la Torre. Mestre Mateo á mellor película para televisión. 1789. Na costa de Galicia medra unha próspera industria da conserva de sardiña; os fomentadores cataláns, impulsores, recollen o beneficio da súa visión de negocio. Un deles, Amadeo Curt, explota aos pescadores, amasando fortuna e poder con métodos indignos. Os pescadores, cansos e impotentes, non atopan solución. A chegada de Anxo Estrada, Capitán da Real Armada, quince anos despois da súa marcha do pobo por culpa do fomentador catalán, axudará ao pobo. Iníciase unha revolta. Presentación coa presenza do seu autor.














