Teatro Colón Novacaixagalicia: representación da ópera “La clemenza di Tito”, de W. A. Mozart, dentro do Festival Mozart 2011
Sábado
18
Teatro Colón Novacaixagalicia
20:00
Entradas: 15, 29, 42 e 55 euros (máis información aquí).
Prosegue o Festival Mozart 2011 coa ópera en semi-representación "La clemenza di Tito", de Wolfgang A. Mozart, con libreto de Pietro Antonio Domenico Bonaventura Trapassi (Metastasio), quen se baseou na obra "Vida dos Césares" de Suetonio para escribir o libreto desta ópera. Trátase dunha historia de amores, traizóns e vinganzas na corte imperial romana, situación que non deixaba de ser moi real en Roma, sobre todo na Roma do Baixo Imperio. Xusto ao revés do que adoitaba suceder nestes casos na Roma imperial, o libreto desta ópera ten un final feliz porque Tito fai gala da súa clemencia (a "clemenza" que lle dá título á ópera) e perdoa os conspiradores.
Interpretada pola Orquestra da Real Filharmonía de Galicia e o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia (baixo a dirección de Joan Company) e o seguinte reparto:
- Lucia Cirillo, mezzosoprano (Sesto, amigo de Tito e namorado de Vitelia).
- Véronique Gens, soprano (Vitelia, filla do deposto emperador Vitelio).
- Shawn Mathey, tenor (Tito Vespasiano, emperador de Roma).
- Marta Matheu, soprano (Servilia, irmá de Sesto e namorada de Annio).
- Pilar Vázquez, mezzosoprano (Annio, amigo de Sesto e namorado de Servilia).
- Maurizio Muraro, baixo (Publio, prefecto pretoriano).
A dirección musical corre a cargo de Fabio Biondi, a dirección escénica de Marco Carniti, coa asistencia á dirección musical de Adrián Chamorro e Leonardo Morini no baixo continuo (cémbalo).
En coprodución co Consorcio de Santiago, coa colaboración do Centro Coreográfico Galego.














