CGAI: “A dedicated life”, de Kazuo Hara

martes, 28 xuño 2011, 10:31 | Category : cinema
Tags : , ,

Mércores A dedicated life29
20:00
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada: 1’20 euros (0’60 euros carné xove).

No ciclo "Vidas extremas: as películas de Kazuo Hara", proxección de "Zenshin shosetsuka (A dedicated life)" (Xapón, 1994, 157 minutos, V. O. S. en galego). Dirección, guión e fotografía: Kazuo Hara. Retrato íntimo do literato japonés Mitsuharu Inoue, este documental relata a súa loita contra un cancro de fígado. Nado en 1926, Inoue foi membro do Partido Comunista e o seu libro "Chi no Mure" nomeado ao galardón máis importante do país. Na intimidade, o escritor revélase como un ser contraditorio e complexo: por unha parte, admirado por alumnos e colegas; por outra, con ínfulas de conquistador empedernido e un mentireiro desvergoñado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: conferencia “Historia do Reino da Galiza”, por Xoán Bernárdez Vilar

Martes Xoán Bernárdez Vilar28
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia de Xoán Bernárdez Vilar sobre "Historia do Reino de Galiza", con motivo do seu 1600 aniversario.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Caixa Galicia: presentación de “Nas profundas augas do esquecemento”, de Sergio Vences

Mércores 29
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación da novela "Nas profundas augas do esquecemento", de Sergio Vences, publicada en Toxosoutos. No acto acompañará ao autor Xesús Alonso Montero.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa da Cultura Salvador de Madariaga: exposición “Series nocturnas”, de Borja Mucientes

Do portada borja mucientes_portada ánxelesmartes 28 de xuño ao domingo 31 de xullo
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Series nocturnas", de Borja Mucientes, dividida en dúas partes, separadas polos dous pisos da Casa da Cultura Salvador de Madariaga. "Espazos" estará na primeira planta e mostra 19 imaxes urbanas e nocturnas. "Túneles", a segunda parte da exposición, compóñena 18 fotografías, tamén tomadas de noite, que se colocarán na planta baixa do edificio. Borja Mucientes, nado en 1980, é un dos creadores galegos con máis proxección internacional. Na actualidade está instalado en Londres e traballa tanto no campo da fotografía coma no do cine, sempre con profundidade semántica e unha estética moi persoal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: actuación do proxecto de fusión artística “Fuso Negro”

Martes Fuso Negro28
Fórum Metropolitano
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Actuación do proxecto de fusión artística "Fuso Negro", tipo "spoken word", no que Xoán Abeleira (voz e percusión), Karlos Barral (percusión), Bruno Couceiro (batería), Julio Cuns (guitarra), Kale Thunström (baixo) e Tono Galán (obras, escenografía, fotos, vídeos...), fusionan, basicamente, a música, o teatro e a poesía de vangarda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Yuki yukite shingun (The emperor’s naked army marches on)”, de Kazuo Hara

luns, 27 xuño 2011, 8:45 | Category : cinema
Tags : , ,

Martes Yuki yukite shingun28
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada: 1’20 euros (0’60 euros carné xove).

No ciclo "Vidas extremas: as películas de Kazuo Hara", proxección de "Yuki yukite shingun (The emperor's naked army marches on)" (Xapón, 1987, 122 minutos, V. O. S. en galego). Dirección, guión e fotografía: Kazuo Hara. Documental rodado durante cinco anos, ten como protagonista a Okuzaku Kenzo, un home de 62 anos, supervivinte da campaña de Nova Guinea da Segunda Guerra Mundial, famoso por atentar contra o Emperador acusándoo de cometer crimes de guerra. Cando Okuzaki emprende a investigación do asasinato de dous membros dun escuadrón a mans dos seus superiores, a súa procura, organizada mediante duros interrogatorios, vaise tornando cada vez máis violenta. Unha incisiva exploración dos conceptos de memoria e culpa colectiva, temas moi ignorados no Xapón moderno.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: Festival Solidario da Escuela de Danza Carmen

luns, 27 xuño 2011, 8:44 | Category : danza
Tags : , ,

Martes Escola de Danza Carmen28
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entradas: 4 euros.

Festival Solidario da Escuela de Danza Carmen, organizado por Ecodesarrollo Gaia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: conferencia de Javier Ruipérez: “Democracia y crisis del parlamentarismo actual”

Martes 28
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia de Javier Ruipérez Alamillo: "Democracia y crisis del parlamentarismo actual", organizada por Nuevos Republicanos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os Museos Científicos Coruñeses distribúen gratuitamente un monográfico informativo sobre a enerxía solar o domingo 26 de xuño

O mc2domingo 26 de xuño os Museos Científicos Coruñeses realizarán a distribución gratuíta dun monográfico informativo sobre a enerxía solar.
A preocupación polo quecemento climático e o encarecemento dos combustibles fósiles dirixiu o interese da población cara a fontes de enerxía pouco contaminantes. E, especialmente, cara a aquelas que están baseadas en recursos naturais renovables, como son a radiación solar e o vento. Esta publicación ofrece aos cidadáns respostas de xeito breve, concreto e nunha linguaxe comprensible a preguntas como "Sería posible o uso de enerxía solar como fonte principal de enerxía para a produción de electricidade?", "Pódese dispor de toda a enerxía necesaria para unha vivenda a partires da enerxía solar?", "Cantas familias poden abastecerse coa produción actual de enerxía solar en España?", "Por qu a enerxía solar é tan cara?", "Cómo funciona un panel solar?".
A información, elaborada nos Museos Científicos, acompáñase de imaxes e gráficos que contribúen a comprender mellor os contidos. Esta publicación está dirixida a toda a poboación e cóntase para a súa distribución coa colaboración dos diarios La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, e La Opinión. Publicación realizada co patrocinio da Deputación da Coruña, e a colaboración de Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña e Novacaixagalicia.
Os Museos Científicos Coruñeses celebraron o inicio do verán coa estrea dun recurso interactivo sobre enerxía solar no seu e-Museo. Inclúe un xogo, un vídeo, un test e información abundante.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “IV Festival Alaha Danza”

venres, 24 xuño 2011, 10:11 | Category : danza
Tags : , ,

Domingo Alaha Danza26
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 6 euros.

"IV Festival Alaha Danza", organizado pola Academia de Danza Oriental Alaha-Dahja.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Divulgaciencia: itinerario didáctico “Os xardíns de Méndez Núñez”

venres, 24 xuño 2011, 10:11 | Category : roteiros
Tags : ,

Domingo Divulgaciencia26
Divulgaciencia (Orzán 142 – 1º)
De 12:00 a 13:30
Entrada libre até completar capacidade.

Itinerario didáctico "Os xardíns de Méndez Núñez". O punto de encontro será o local de Divulgaciencia ás 12:00 horas, onde se fará unha presentación multimedia con fotos e unha pequena charla sobre as árbores que se van ver. Con esta actividade, preténdese revalorizar os parques e árbores cos que contamos na cidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: “O gran oratorio romántico: Paulus”, de Felix Mendelssohn, no Festival Mozart 2011

Sábado BANNER_festival_mozart_castellano215px25
Palacio da Ópera
21:00
Entradas: 11, 15, 20 e 27’50 euros (consultar aquí).

Remata o Festival Mozart 2011 con "O gran oratorio romántico: Paulus, op. 36", de Felix Mendelssohn-Bartholdy, interpretado pola Orquestra Sinfónica de Galicia, o Cor de Cambra (Coro de Cámara) do Palau de la Música (dirixido por Jordi Casas i Bayer) e o Coro de Nenos Cantores da Sinfónica de Galicia (dirixido por José Luis Vázquez), acompañando a Letizia Scherrer (soprano), Anna Alàs (mezzosoprano),  Rufus Müller (tenor) e José Antonio López (baixo).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Radiografía dun autor de tebeos”, de Marcos Nine, e “A Tropa de Trapo”, de Alex Coll

venres, 24 xuño 2011, 9:49 | Category : cinema
Tags : , , ,

Sábado A tropa de trapo25
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo "Off Galicia - Premios Mestre Mateo", proxección de "Radiografía dun autor de tebeos" (2010, 20 minutos). Dirección e guión: Marcos Nine. Mestre Mateo ao mellor documental. Unha viaxe a través do imaxinario dun dos autores de tebeos galegos máis importantes do momento: David Rubín; e "A Tropa de Trapo" (2010, 74 minutos). Dirección: Alex Colls. O día que a vaca Murnu descobre, mentres xoga cos seus amigos Milo, Rita, Talalo, Alfred e Olga, un branquísimo rebaño de ovellas pastando, non pode evitar comparar o seu níveo aspecto co deles, "A Tropa de Trapo". Feitos con tecidos de diferente estampado, Murnu ten envexa do aspecto das ovellas. Coprodución de animación galego-catalana. Presentacións a cargo dos seus autores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“A enerxía solar”, novo espazo interactivo dos Museos Científicos no e-Museo

"A enerxía solar" enerxia-solar-2é un novo espazo interactivo dos Museos Científicos Coruñeses que pode ser consultado no e-Museo.
Trátase dunha actividade online sobre a enerxía solar, cos seguintes apartados:

  • Infografía interactiva.
  • Xogo: “Tira ao fotón”.
  • Test: Canto sabes de enerxía solar?
  • Vídeo: aprende a construir unha cociña solar.
  • Monografía: Desde o 27 de xuño.
  • Saber máis: enlaces para seguir investigando.

Este material didáctico foi elaborado coa colaboración de: Deputación da Coruña, Fundación Enerxética Provincial da Coruña. Os Museos Científicos Coruñeses lanzaron este espazo didáctico online sobre a enerxía solar coincidindo co solsticio de verán de 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Tango para vós”, con Enrique Saavedra e Carmina García

xoves, 23 xuño 2011, 10:00 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Venres 24
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, 3 euros).

Dentro do Ciclo "Espazo Aberto", "Tango para vós", onde Enrique Saavedra e Carmina García bailarán tango acompañados pola voz e a música de Campos e Taboada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google