40 Feira do Libro: programa do luns 1 de agosto

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o luns 1 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 11:00 h. Apertura da feira.
- 12:45 h. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.
- 13:00 h. Inauguración oficial. Pregón a cargo de Alfonso García Sanmartín, presidente do Cluster do Libro de Galicia.
- 19:00 h. Charla presentación da exposición fotográfica "Tiempo de recreo", patrocinada pola Fundación Telefónica. Participan no acto Fernando Marías, Carlos Spottorno, Marta Rivera de la Cruz e Lola Beccaría.
- 19:30 h. O escritor e académico Xosé Neira Vilas, asinará exemplares dos seus libros.
- 20:00 h. Presentación do libro "Un dedo manchado de tinta", de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da Editorial e actuación de Clara Pino.
- 20:30 h. O profesor Jorge Mira asinará exemplares do seu libro "A ciencia no punto de Mira", publicado por Auga Editora.
- 20:45 h. Presentación dos libros "Penúltimo dietario", de Xosé Neira Vilas e "Aníbal Otero. Lingüística e política en España na guerra civil e no franquismo", de Xesús Alonso Montero, publicados por Edicións Xerais de Galicia. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

40 edición da Feira do Libro da Coruña

A Federación de Libreiros de Galicia40º edición da Feira do Libro desenvolverase, como todos os anos, do luns 1 ao mércores 10 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez, con horarios entre as 11:00 e as 14:00 horas polas mañás, e de 18:00 a 22:00 horas polas tardes. O programa previsto é o seguinte:

Luns 1:
- 11:00 h. Apertura da feira.
- 12:45 h. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.
- 13:00 h. Inauguración oficial. Pregón a cargo de Alfonso García Sanmartín, presidente do Cluster do Libro de Galicia.
- 19:00 h. Charla presentación da exposición fotográfica "Tiempo de recreo", patrocinada pola Fundación Telefónica. Participan no acto Fernando Marías, Carlos Spottorno, Marta Rivera de la Cruz e Lola Beccaría.
- 19:30 h. O escritor e académico Xosé Neira Vilas, asinará exemplares dos seus libros.
- 20:00 h. Presentación do libro "Un dedo manchado de tinta", de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da Editorial e actuación de Clara Pino.
- 20:30 h. O profesor Jorge Mira asinará exemplares do seu libro "A ciencia no punto de Mira", publicado por Auga Editora.
- 20:45 h. Presentación dos libros "Penúltimo dietario", de Xosé Neira Vilas e "Aníbal Otero. Lingüística e política en España na guerra civil e no franquismo", de Xesús Alonso Montero, publicados por Edicións Xerais de Galicia. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.

Martes 2:
- 12:00 h. Feira infantil. Obradoiro de marca páxinas a cargo de Brétema Animación.
- 19:00 h. O escritor Francisco Castro presentará o seu libro "In vino veritas", publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Mercedes Queixas.
- 19:30 h. O escritor Manuel Fuentes González asinará exemplares do seu libro "Ecos del camino" (ensaio), publicado polo Instituto Cepedano de Cultura.
- 20:00 h. Conversa con Agustín Fernández Paz, Óscar Sánchez e Iago Martínez arredor da novela "Non hai noite tan longa", publicada en Xerais.
- 20:00 h. O escritor e fiscal Luis Anguita Juega asinará exemplares do seu libro "Mi lugar. Mi pequeño sueño", publicado por Ed. Vitrubio (sello Nostrum).
- 20:30 h. O ilustrador David Pintor e o autor Carlos López (Pinto & Chinto), asinarán exemplares das súas obras.
- 21:00 h. "A nova literatura de terror". Charla coloquio do escritor e piloto de aviación Francisco Narla, autor da novela "Caja negra", publicada por Alberto Santos. Imágica Ediciones.

Mércores 3:
- 12:00 h. Feira infantil. Obradoiro de decoración de lapiseiros, impartido por Brétema Animación.
- 19:00 h. Presentación do libro "Todo é silencio", de Manuel Rivas, publicado en Xerais. No acto acompañará ao autor Rómulo Sanjurjo.
- 19:30 h. O escritor Manuel Sánchez Dalama asinará exemplares do seu libro "La mancha negra", publicado por Algaida.
- 20:00 h. Presentación da novela negra titulada "Pegadas nun labirinto baleiro", da autoría de Xosé Manuel García López, publicado por Baía Edicións.
- 20:30 h. O poeta Miguel Anxo Fernán Vello asina exemplares do libro "Territorio de la desaparición" (edición bilingüe castelán e galego), publicado por Huerga y Fierro Editores.
- 21:00 h. Presentación do libro "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos", de Carlos Callón, publicado en Xerais, coa participación do autor, acompañado por Xabier P. DoCampo, Fran Rei e Manuel Bragado.

Xoves 4:
- 12:00 h. Feira infantil. Un mundo diferente. Espectáculo de maxia realizado polo Mago Toño.
- 18:30 h. Presentación da obra gañadora no Premio Barriga Verde 2010, para textos dirixidos para monicreques (modalidade infantil), titulada "Fábula galénica", obra de Inacio, escritor, director e fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj, que, ao tempo, fará unha lectura narrada da súa obra para os máis pequenos.
- 19:00 h. O escritor Carlos Vázquez Padín asinará exemplares do seu libro "Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI", publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
- 19:30 h. Presentación da novela "Noah Barleywater escapa da casa", de John Boyne, publicada no selo editorial Factoría K. Participará no acto o traductor do libro, Carlos Acevedo, e un representante da editorial.
- 20:00 h. O escritor e xornalista Gabriel García Enríquez asinará exemplares do seu libro "Sir Francis Drake, villano en España, héroe en Inglaterra", Premio de Literatura y Ensayo Fernando Arenas Quintela 2011, editado por Publicaciones Arenas.
- 20:30 h. Editorial Galaxia presenta o libro "Cociñando ao pé da letra". Participarán no acto Yolanda Castaño, Andrea Costas, coordinadoras, Víctor F. Freixanes, en representación da editorial, máis dous escritores que cociñan no libro: Xabier P. DoCampo e Lucía Aldao.
- 21:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro "A vida fóra", publicado en Galaxia.

Venres 5:
- 12:00 h. Feira infantil. Un mundo de contos. Divertido contacontos realizado por Fátima
- 18:30 h. Presentación do libro infantil "O espantallo", de Xosé Agrelo, publicado pola editorial Toxosoutos.
- 19:00 h. José Manuel Otero Lastres, escritor, avogado e catedrático de dereito, asinará exemplares da súa novela "El campo de Bucéfalo", publicado por Pigmalión – Sial Ediciones.
- 19:30 h. Presentación do libro "Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España", de Federico Cocho, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto ao autor, participan Carlos Reigosa e Manuel Bragado.
- 20:00 h. O escritor Nonito Pereira Revuelta asinará exemplares do seu libro "Historias, histerias y andanzas musicales".
- 20:30 h. Charla coloquio arredor do libro "La melancolía de los hombres pájaro", de Juan Bolea (Premio Abogados de Novela e finalista dos Premios Hammet), publicado pola editorial Martínez Roca. Xunto co autor, participará no acto Fernando Marías.
- 21:00 h. O escritor José Luis Alvite asinará exemplares do seu libro "Humo en la recámara", publicado pola Editorial Ézaro.
- 21:15 h. Presentación do libro "El final del amor" (Premio Rivera del Duero), de Marcos Giralt Torrente, publicado pola editorial Páginas de Espuma. Xunto co autor, participará no acto o editor Juan Casamayor.
- 22:30 h. Recital no Handicap Café (Rúa Salgado Somoza, esquina Curros Enríquez) "A noite de poesía: Os fillos de Mary Shelley", coa participación de Yolanda Castaño, Luis Alberto de Cuenca, Luisa Castro, Pedro Ramos e Fernando Marías. Acto patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Sábado 6:
- 12:00 h. Feira infantil. "Como nace un personaxe". Obradoiro de ilustración realizado por Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración do GALIX.
- 18:30 h. Presentación de "O señor Don Nicanor", un texto infantil de Ana Fernández - Abascal, ilustrado por Flavio Morais e publicado no selo Factoría K, coa participación da autora e un representante da editorial.
- 19:00 h. A pintora e ilustradora Isabel Pintado asina exemplares dos libros de poesía para nenos "Parece unha rosa", de Rosalía de Castro e "Cantiga do Mazarico", de Emilio Pita, ambos publicados por Edicións Espiral Maior na colección Lúa Lueira.
- 19:30 h. O poeta e videoartista Antonio Nieto Rodríguez, presentará o seu libro "La voz del escorpión", publicado por Sial Ediciones. Xunto co autor, participarán no acto José María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña, Olga Patiño, poeta, profesora do I.E.S. Fernando Wirth, da Coruña, e Basilio Rodríguez Cañadas, editor e presidente do Pen Clube de España.
- 20:00 h. O escritor Mario Regueira asinará exemplares do seu libro "Lois Pereiro. Unha persecución", publicado por 2.0 Editora, na colección Folcsonomías.
- 20:30 h. Presentación do libro "El viajero del tiempo", publicado por Imagine Ediciones. Participarán no mesmo José Carlos Somoza, Patricia Esteban Erlés e Félix Palma Macías, coordinados por Fernando Marías. Acto patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Domingo 7:
- 12:00 h. Feira infantil. "A caixa de Pandora". Sorprendente espectáculo de maxia realizado polo Mago Toño.
- 13:00 h. Sinatura de exemplares do libro "Webos fritos. Recetas y momentos", publicado por Ciudadela Libros. Participarán Susana Pérez, autora dos textos e Jesús Cerezo, autor das fotografías.
- 19:00 h. Presentación do libro "Guía das libélulas de Galicia", do investigador e naturalista vigués Miguel Ángel Fernández Martínez, que estará acompañado polos investigadores de zonas húmidas de Galicia e naturistas galegos Anxo Rajou e Alberto Gil.
- 19:30 h. O escritor José María Paz Gago, catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña, asinará exemplares do seu libro de poemas "Guía de lugares inexistentes", publicado por Sial Ediciones.
- 20:00 h. Presentación do libro "Contos e descontos. Narrativa completa de Claudio Rodríguez Fer" publicado por Toxosoutos. Xunto co autor, participará no acto Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega e David González Couso, director de publicacións da editorial.
- 20:30 h. O escritor Manuel Mourelle de Lema asinará exemplares dos seus libros, editados polo Grupo Cultural Galicia en Madrid.
- 21:00 h. Presentación do libro "213 aforismos para el siglo 21", de Xavier Vila-Coia, publicado por La Pinga Ediciones.

Luns 8:
- 12:00 h. Feira infantil. "De oca a oca y cuento por que me toca". Conta contos interactivo para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera.
- 19:00 h. Presentación de "Artur", un texto infantil de Xosé Manuel Gómez Barreiro "Oli", ilustrado por Marc Taeger e publicado no selo editorial Faktoría K. Participarán no acto o autor, o ilustrador e un representante da editorial.
- 19:30 h. O escritor Fernando Ontañón asinará exemplares do seu libro "Relatos invisibles", publicado por Ediciones Carena.
- 20:00 h. Presentación do libro "El baile de las lagartijas", de David de Juan Marcos. Ed. Temas de Hoy.
- 20:30 h. A escritora Eva Castro Outeiriño asinará exemplares do seu libro "Persiguiendo sueños", publicado pola editorial Hontanar.
- 21:00 h. Charla coloquio da xornalista Iara Mantiñán arredor do seu libro fotográfico "Cape Coloured", publicado por Finisterre Ediciones.

Martes 9:
- 12:00 h. Feira infantil. "Mariscando cuentos". Xornada de contos para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera, arredor do libro "La vuelta al mundo de Gota de Agua", de Rafael Ortega de la Cruz, publicado por S.L. Nívola Libros y Ediciones.
- 19:00 h. Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro de poesía, en edición bilingüe (galego e castelán) "Golpear de sombras", publicado pola editorial Huerga y Fierro. Xunto co autor, participarán no acto a poeta Eva Veiga e a profesora e traductora Teresa Seara.
- 19:30 h. O profesor de filosofía e historiador, Luis Gorrochategui Santos, asinará exemplares do seu libro "Contra Armada. La mayor catástrofe naval de la historia de Inglaterra", publicada pola editorial E-Lector.
- 20:00 h. Presentación de "Lume de cobiza", de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, coa participación, acompañando ao autor, de Víctor F. Freixanes e Ángel de la Cruz.
- 20:30 h. Sinatura de exemplares do poemario "La hora de los relojes", de Fran Nuño, poblicado no selo da Faktoría K.
- 21:00 h. "A aventura de publicar romántica". Mesa redonda de escritoras coruñesas, autoras de novelas románticas. Participarán no acto Patricia Sutherland ("Princesa", autoedición), Teresa Cameselle ("No todo fue mentira". Ed. El Maquinista), Kelly Dreams ("Amante & felino", autoedición), Encarnación Alcalde Brotóns ("Lo que el corazón esconde", Ed. Círculo Rojo), Ángeles Ibirika ("Antes y después de odiarte", Ediciones B) e Lydia Leyte Costello ("El fuego envuelve tu nombre", Editorial La Máquina China). Modera o acto Trinidad Palacios Raposo (do programa radiofónico "El diván cultural") Ao remate do acto, as escritoras asinarán exemplares dos seus libros.

Mércores 10:
- 12:00 h. Feira infantil. "Leonardo te enseña a comer". Obradoiro e conto para pais con fillos, realizado por Pepa Cuentera, baseado no libro "Leonardo da Vinci, el inventor", publicado pola editorial Rompecabezas.
- 19:00 h. O escritor Pedro Ramos presentará o seu libro "En el país de los méritos", publicado pola Editorial Noroeste.
- 19:30 h. O escritor Manuel M. Barreiro asinará exemplares do seu libro "A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa", publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
- 20:00 h. Presentación do libro "Puntos de vista (Grabaciones emitidas por Punto Radio)", de Roberto Vila Rodríguez, publicado pola Deputación provincial de Ourense. Xunto co autor, participará no acto Roberto Blanco Fortes, director de Punto Radio.
- 20:30 h. O escritor Quinito López Mourelle asinará exemplares do seu libro "Sin Ana Beatriz", publicado por Ézaro Ediciones.
- 22:00 h. Peche da Feira do Libro.

Todos os días, ás 21:45 horas, terá lugar o sorteo dun lote de libros entre o público que teña mercado libros na Feira durante o día.
Durante a Feira, todos os libros terán un 10% de desconto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival Finisterrae: actuacións de Jan Akkerman e Neal Morse Band

venres, 29 xullo 2011, 9:26 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Sábado Finisterrae Festival 201130
Palacio da Ópera
20:45 e 23:00
Entradas: 30, 35 e 40 euros (bono para as dúas xornadas, venres 29 e sábado 30: 50, 55 e 64 euros).

Actuacións, na segunda xornada do Festival Finisterrae 2011, de Jan Akkerman, considerado como o guitarrista máis talentoso de Holanda desde a década dos setenta, fíxose moi popular cando formou xunto a Thijs Van Leer a exitosa banda Focus, e a Neal Morse Band, fundador dos inimitables Spock´s Beard, convertido ao cristianismo a inicios de século, alternando desde entón traballos espirituais con outros moito máis complexos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Libraría Endo: Xornadas “Anime Endo”

Sábado 2011-07-30 Xornadas Anime Endo30
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
Das 11:00 ás 20:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

As Xornadas "Anime Endo" están organizadas pola Libraría Endo e RKB Fansub, que se encargarán de traernos anime de estreo e anime da tempada pasada e películas subtituladas ao galego e ao castelán. Durante toda a xornada poderanse ver algúns dos animes de estreo de máis éxito entre os afeccionados, como son "Dog Days" e "Ao no exorcist", visionar series de animación de culto, como o capítulo semanal de "Naruto" ou "Durarara", o novo anime do creador de Baccano, para os otakus e fans da animación nipona. Haberá tempo para descubrir e comezar a ver "Deadman Wonderlans", e "Yojou-han Shinwa Taikei", e proxectaranse dúas películas: "Fate/stay night" e "Welcome to the space show". Adicionalmente, terán lugar concursos e charlas sobre anime.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

FNAC: concerto de Sés

venres, 29 xullo 2011, 8:55 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Sábado Sés30
FNAC (Praza de Lugo, s/n.)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Actuación en directo de Sés, no que presentan o seu último traballo: "Admirando a condición".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: concerto de Judas Priest, Motörhead e Saxon

mércores, 27 xullo 2011, 10:30 | Category : concertos, música
Tags : , , , ,

Venres Judas Priest29
Coliseum
18:00
Entradas: 55 euros.

Judas Priest, unha das bandas de heavy metal máis grande de todos os tempos, despídese dos escenarios tras 40 anos de frutífera carreira cunha espectacular xira: "Epitaph Tour". Nesta actuación estarán acompañados por outros 2 grandes nomes, Motorhead e Saxon.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival Finisterrae: actuacións de Amoeba Split e Al di Meola World Sinfonia

mércores, 27 xullo 2011, 10:25 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Venres Finisterrae Festival 201129
Palacio da Ópera
20:45 e 22:30
Entradas: 25, 30 e 35 euros (bono para as dúas xornadas, venres 29 e sábado 30: 50, 55 e 64 euros).

Actuacións, na primeira xornada do Festival Finisterrae 2011, do grupo Amoeba Split, banda coruñesa que mellor sabe conxugar o jazz da vella escola cos sons propios do Canterbury, e Al di Meola World Sinfonia, lendario guitarrista dotado dunha técnica depurada e unha asombrosa velocidade na execución, catalogado como un dos intérpretes que mellor soubo fusionar o jazz e a world music nas últimas décadas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Pink Floyd. The Wall”, de Alan Parker, no ciclo “Cinenterraza”

martes, 26 xullo 2011, 9:38 | Category : cinema
Tags : , , ,

"Pink Floyd. The Wall", Pink Floyd. The Wallde Alan Parker (Reino Unido, 1982, 99 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 7 anos, dentro do ciclo Cinenterraza. Nunha operación cine-musical nunca antes vista, o disco orixinou este singular filme no que o guión e os diálogos eran os mesmos que contiña o traballo do mítico grupo de rock sinfónico Pink Floyd. O mellor: os seus expresivos debuxos de animación. Proxeccións: mércores 27 e xoves 28 ás 22:30 horas. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: proxección de “Febre do sábado á noite”, de John Badham

martes, 26 xullo 2011, 9:37 | Category : cinema
Tags : , , ,

Martes Portas Ártabras26
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22, baixo)
19:45
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección, no ciclo "Clásicos do cine dos anos 70", de "Febre do sábado á noite", de John Badham, con John Travolta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Angelhada”, espectáculo de Ángel Pavlovsky

venres, 22 xullo 2011, 10:20 | Category : espectáculos
Tags : , , ,

Sábado Ángelhada23
Teatro Rosalía de Castro
22:30
Entradas: 7, 9, 11 e 15 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: desconto dun 20%).

O transformista de prestixio Ángel Pavlovsky, coa colaboración de Martina Burlet, trae o seu novo espectáculo "Angelhada". Segundo as súas propias palabras: "Amo este oficio meu de buscar o camiño por medio de palabras con pasos vacilantes... e o meu regreso, no límite xusto do día e da noite, será sempre o regreso dunha estraña oficiante, cuxa dita, ao mellor por inmerecida, férea, convócaa na soidade".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Circo de Artesáns: actuación de Sergio Franqueira, nos “Concertos de verán”

venres, 22 xullo 2011, 10:16 | Category : concertos, música
Tags : ,

Venres Sergio Franqueira22
Circo de Artesáns (Rúa San Andrés, 36)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro dos "Concertos de verán" desta entidade, actuación do guitarrista Sergio Franqueira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: concerto de presentación de “Admirando a condición”, de “Sés”

xoves, 21 xullo 2011, 10:11 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Xoves Sés21
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 8 e 10 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: desconto dun 20%).

"Sés" é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. Unha banda de dez músicos con seccións de vento e coros, un puñado de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista, María Xosé Silvar, que canaliza toda a enerxía do escenario: lidera "Sés" cun torrente de voz imposible, espontánea e chea de eclecticismo máis festeiro e bailable. Neste concerto presentará o seu disco "Admirando a condición".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Merendas con contos” na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil: “Os Ratapón na Galicia das Marabillas”

Xoves Bibliotecas Municipais21
Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (Rúa Durán Loriga, 10)
12:00
Entrada con convite a recoller na propia Biblioteca desde o sábado 16 de xullo.

Sesión das "Merendas con contos": "Os Ratapón na Galicia das Marabillas", da Compañía do Trinke trinke.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Let´s get lost”, de Bruce Weber

martes, 19 xullo 2011, 11:17 | Category : cinema
Tags : , , ,

"Let´s get lost", Let's get lostde Bruce Weber (Irlanda, 2007, 120 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 13 anos, dentro do ciclo Cinenterraza. Documental sobre a vida do trompetista e cantante estadounidense de jazz Chet Baker, unha das figuras máis destacadas do mundo da música do século XX. Inicialmente a idea era facer unha serie de fotos do músico, pero tras a relación xurdida entre ambos, o director terminou facendo unha película de máis de dúas horas de duración sobre a figura de Baker, o jazz e dúas das súas grandes paixóns: os coches e as mulleres. En 1989, a película foi seleccionada para o Óscar ao Mellor Documental, e alzouse co Premio da Crítica no Festival de Venecia pouco despois do aparente suicidio do protagonista nun hotel en Amsterdam. O documental narra os últimos días de Baker valéndose de material rodado durante a última xira do músico, con entrevistas co propio Baker, as súas esposas, fillos, amigos e noivas. Proxeccións: mércores 20 e xoves 21 ás 22:30 horas. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Merendas con contos” na Biblioteca Municipal dos Rosales: “Os Ratapón na Galicia das Marabillas”

Mércores Bibliotecas Municipais20
Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1)
12:00
Entrada con convite a recoller na propia Biblioteca desde o sábado 16 de xullo.

Sesión das "Merendas con contos": "Os Ratapón na Galicia das Marabillas", da Compañía do Trinke trinke.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google