IV “Festival Empape”: actividades do domingo 3 de xullo
Estas
son as actividades da derradeira xornada, o domingo 3 de xullo, da cuarta edición do "Festival Empape":
* PRAZA DE ESPAÑA
- 19:30 h. DECALAGE (Reino Unido) – Appel– (estrea en Galicia). Trío baseado na interacción viva entre dous bailaríns e un músico, retratando elementos instintivos de danza e a espontaneidade da música, inspirada a partes iguais en B-boying, capoeira e danza contemporánea.
* FONTE AO PÉ DA MURALLA DO PARROTE
- 20:00 h. ANDREA QUINTANA (Galicia) – Garabato – FONTE AO PÉ DA MURALLA DO PARROTE (ESTREA). (Peza en auga). Esta obra nace da curiosidade do impulso da memoria do corpo. É un xesto que se debuxa e se desdebuxa, non se entende.
* EXTERIOR DO CASTELO DE SAN ANTÓN
- 20:15 h. EMBER/LA MACANA (Cataluña-Galicia) – Cola de Gallo - Exterior CASTELO DE SAN ANTÓN. Cóctel artístico de encontros entre Galicia, Barcelona e Bilbao. Un proceso curto, case espontáneo, onde se recolle desde a inmediatez as esencias primeiras, frescas e repentinas.
- 20:35 h. ARANTZA LÓPEZ E LIBA VILLAVECCHIA (Barcelona) – Conversando intimamente – CASTELO DE SAN ANTÓN. Neste traballo proponse a mesma de comunicación que seguen as conversas íntimas nas que un se abre, explica as súas sensacións e emocións e, á vez, escoita ao outro.
- 20:55 h. JANET NOVÁS (Galicia) – Marieta - CASTELO DE SAN ANTÓN. "Presiono contra o chan fortemente e desexo que ese instante se conxele... Pero baixo os meus pés todo se move, evoluciona e progresa.
- 21:10 h. ELÍAS AGUIRRE E ÁLVARO ESTEBAN (Madrid) – Entomo - CASTELO DE SAN ANTÓN (Estrea en Galicia). Dúo onde as técnicas da danza urbana e contemporánea conviven ao servizo dun movemento animal. Quizais humanos, quizais insectos. Encontros, olladas, desafíos definidos por territorialidade, á conquista de espazos baleiros, exentos de significado.














