Normal: mesa-coloquio do colectivo Polaqia

xoves, 7 xullo 2011, 9:59 | Category : coloquios, comic
Tags : , , , , ,

XovesPolaqia 7
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Coloquio sobre a traxectoria do colectivo Polaqia, desde o seu nacemento en 2001 até a súa próxima disolución en decembro deste ano 2011. Os relatores serán Bernal Prieto (un dos membros fundadores do colectivo), Brais Rodríguez (un dos máis veteranos) e José Domingo (o máis novo en canto a pertenza ao grupo, mais un dos máis activos). Moderará o coloquio Henrique Torreiro, persoeiro importante e indispensable da banda deseñada galega e unha das cabezas visibles das "Xornadas de BD" de Ourense, as máis antigas de Galicia, e unhas das de maior percorrido do Estado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path