Fórum Metropolitano: “Let´s get lost”, de Bruce Weber

martes, 19 xullo 2011, 11:17 | Category : cinema
Tags : , , ,

"Let´s get lost", Let's get lostde Bruce Weber (Irlanda, 2007, 120 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 13 anos, dentro do ciclo Cinenterraza. Documental sobre a vida do trompetista e cantante estadounidense de jazz Chet Baker, unha das figuras máis destacadas do mundo da música do século XX. Inicialmente a idea era facer unha serie de fotos do músico, pero tras a relación xurdida entre ambos, o director terminou facendo unha película de máis de dúas horas de duración sobre a figura de Baker, o jazz e dúas das súas grandes paixóns: os coches e as mulleres. En 1989, a película foi seleccionada para o Óscar ao Mellor Documental, e alzouse co Premio da Crítica no Festival de Venecia pouco despois do aparente suicidio do protagonista nun hotel en Amsterdam. O documental narra os últimos días de Baker valéndose de material rodado durante a última xira do músico, con entrevistas co propio Baker, as súas esposas, fillos, amigos e noivas. Proxeccións: mércores 20 e xoves 21 ás 22:30 horas. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path