Festival Finisterrae: actuacións de Jan Akkerman e Neal Morse Band
Sábado
30
Palacio da Ópera
20:45 e 23:00
Entradas: 30, 35 e 40 euros (bono para as dúas xornadas, venres 29 e sábado 30: 50, 55 e 64 euros).
Actuacións, na segunda xornada do Festival Finisterrae 2011, de Jan Akkerman, considerado como o guitarrista máis talentoso de Holanda desde a década dos setenta, fíxose moi popular cando formou xunto a Thijs Van Leer a exitosa banda Focus, e a Neal Morse Band, fundador dos inimitables Spock´s Beard, convertido ao cristianismo a inicios de século, alternando desde entón traballos espirituais con outros moito máis complexos.














