Libraría Endo: Xornadas “Anime Endo”

Sábado 2011-07-30 Xornadas Anime Endo30
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
Das 11:00 ás 20:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

As Xornadas "Anime Endo" están organizadas pola Libraría Endo e RKB Fansub, que se encargarán de traernos anime de estreo e anime da tempada pasada e películas subtituladas ao galego e ao castelán. Durante toda a xornada poderanse ver algúns dos animes de estreo de máis éxito entre os afeccionados, como son "Dog Days" e "Ao no exorcist", visionar series de animación de culto, como o capítulo semanal de "Naruto" ou "Durarara", o novo anime do creador de Baccano, para os otakus e fans da animación nipona. Haberá tempo para descubrir e comezar a ver "Deadman Wonderlans", e "Yojou-han Shinwa Taikei", e proxectaranse dúas películas: "Fate/stay night" e "Welcome to the space show". Adicionalmente, terán lugar concursos e charlas sobre anime.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path