Fundación Luís Seoane: exposición “Quen corta os fíos do soño?”, sobre Lois Pereiro

Dodestacado47 mércores 20 de xullo ao domingo 25 de setembro
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.

Coincidindo coa concesión do Día das Letras Galegas 2011 ao poeta Lois Pereiro (Monforte 1958-A Coruña 1996), a Fundación Luís Seoane dedica esta exposición á figura e obra dun autor chave para comprender gran parte da escea cultural galega durante a segunda metade do século XX. Comisariada polo pintor e escritor Antón Patiño, "Quen corta os fíos do soño? Lois Pereiro" céntrase na intensidade da escritura do poeta monfortino, visualizando os seus poemas a través de recursos tipográficos. Lois Pereiro xerou ademais unha iconografía de seu a través dos retratos fotográficos que lle fixeron moitos compañeiros de xeración, como Xosé Abad, Vari Caramés, Xurxo Lobato, Víctor Echave, Andrés Panaro e Manuel Vilariño. Unha escolla destas imaxes formará parte asimesmo deste proxecto expositivo, así como un impactante retrato expresionista do poeta realizado por Reimundo Patiño e un debuxo do propio Antón Patiño. A mostra conta coa colaboración de Xosé Manuel Pereiro e a familia do poeta. O libro-catálogo da exposición incluirá textos de Manuel Rivas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Pereiro, Alberto Ruíz de Samaniego e Antón Patiño. A inauguración terá lugar o mércores 20 de xullo ás 20:00 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Luís Seoane: exposición “Toporgrafías”, sobre a obra de Roland Topor

martes, 19 xullo 2011, 11:02 | Category : Arte, exposicións, ilustración, pintura
Tags : , ,

Do Roland Topormércores 20 de xullo ao domingo 25 de setembro
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.

"Toporgrafías" é una exposición que amosa parte do inabarcable universo do xenial artista francés Roland Topor (París 1938-1997). Quizais calificalo como artista a secas sexa neste caso un tanto reducionista, xa que Topor era ilustrador, debuxante, deseñador de carteis, novelista, gravador, autor de cómics, compositor de cancións, dramaturgo, actor ocasional, realizador de debuxos animados, caricaturista, escenógrafo e deseñador de vestuario, entre outras moitas actividades desenvolvidas ao longo da súa existencia. A mostra conta co patrocinio da Obra Social de Caja España e da Obra Social de Caja Duero, e é a primeira exposición que se lle dedica a Roland Topor no noso país en décadas. A incrible multiplicidade de Roland Topor como creador vese representada en "Toporgrafías", grazas a un conxunto de pezas que percorren parte da súa obra gráfica a través dunha escolla de gravados, carteis, libros e revistas, figuríns e pezas audiovisuais que ofrecen unha visión coherente dun autor que sempre suscitou a admiración tanto do público en xeral como dos máis grandes artistas da súa época. Non en van, Federico Fellini, para o que fixo unha serie de debuxos para a linterna máxica da súa película "Casanova", cría que Topor era "(...) o último representante daqueles grandes ilustradores como Blake e Daumier, Doré e Carlo Chiostri, capaces de crear un universo completo descrito ata o máis mínimo detalle".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galería Sargadelos: mesa redonda “O farturento vertedoiro”

Mércores Opulento vertedoiro20
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Mesa redonda "O farturento vertedoiro", con Xoán Doldán, membro de Véspera de nada, Guillermo Fernández-Obanza, fundador e secretario de Ecodesarrollo Gaia e Fermín Blanco, arquitecto, moderados por Nilo Casares, comisario de proxectos artísticos. A mesa inscríbese na exposición "Sofás", de Amador Iravedra, autor desta fotografía.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Castelo de San Antón: concerto de 3 Azoteas, no ciclo “Son de Noite”

Venres Son de noite22
Castelo de San Antón
22:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Son de noite", concerto de 3 Azoteas, trío de músicos que beben do rock e o jazz progresivos, máis empeñados en contar unha historia que en limitarse a xogar cunha progresión harmónica estandarizada. O grupo está formado polo pianista Iago Mouriño, Miguel Queixas na batería e o baixista Pablo Pérez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: proxección de “Grease”, de Randal Kleiser

luns, 18 xullo 2011, 10:33 | Category : cinema
Tags : , , , ,

Luns 18
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22, baixo)
19:45
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección, no ciclo "Clásicos do cine dos anos 70", de "Grease", de Randal Kleiser, con John Travolta e Olivia Newton-John .

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Castelo de San Antón: concerto de Duplo Son, no ciclo “Son de Noite”

xoves, 14 xullo 2011, 9:38 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Venres Son de noite15
Castelo de San Antón
22:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Son de noite", concerto de Duplo Son. A fusión é a súa bandeira, e a lingua galega o vehículo de expresión, sen ningún tipo de prexuizo, onde os límites só se atopan na propia imaxinación de cada composición; os sons da música latina, o jazz, o funk, a mestizaxe e mesmo a tradición galega forman parte do seu abano sonoro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aprazado o concerto previsto de Mónica Naranjo

xoves, 14 xullo 2011, 9:37 | Category : música
Tags : ,

O concerto de Mónica Naranjo ("Madame Noir") previsto para o sábado 16 ás 21:30 horas no Palacio da Ópera foi aprazado debido a problemas físicos (unha larinxite) da cantante.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: representación de “Ocasiones especiales”, de Bernard Slade

Venres Ocasións especiais15 e sábado 16
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 10, 12, 15 e 21 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

"Ocasiones especiales", de Bernard Slade, é unha comedia interpretada por Kiti Manver e Jorge Roelas, que conta a historia dun longo matrimonio que se divorcia, con tres fermosos fillos (cada un polo seu lado). Pero a pesar da súa separación, os seus camiños seguiranse cruzando unha e outra vez ao longo de dez anos. E sempre, a pesar de que intenten disimulalo, haberá neles un desexo latente de restaurar as pezas rotas dunha relación que se lles crebou demasiado axiña. Claro que, como diferenciar o amor da amizade?. Dirixida por Juan Carlos Rubio.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

FNAC: presentación do novo proxecto de Tonhito de Poi

xoves, 14 xullo 2011, 9:37 | Category : audiovisual, música, presentacións
Tags : , ,

Venres portada_tonhito115
FNAC (Praza de Lugo, s/n.)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación de "Maruja da Cansela", o novo proxecto musical de Tonhito de Poi.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

X “Feira das Artes Plásticas”, nos Xardíns de Méndez Núñez

Do Feira das Artes Plásticasvenres 15 ao luns 25 de xullo
Xardíns de Méndez Núñez
De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas
Entrada libre.

A Asociación de Artistas Plasticos Galegos (ARGA) organiza por décimo ano consicutivo a X "Feira das Artes Plásticas". Este ano participan 35 artistas: Gerardo Fraga, Teresa Añón, Paco Asón, Pedro Bueno, Ramón Astray, Abalde, Manuel Gandullo, Ángeles Jorreto, Laureano Vidal, Vázquez Prats, Teresa Faginas, Bego Tojo, Tino Poza, Pilar Fandiño, Jose Cabello, Vanessa Lodeiro, Beatriz Ansede, Óscar Cabana, Novais, Chelo Rodríguez, Emilio Celeiro, Raúl Álvarez, Susana de Artaza, Ánxela Pérez Meilán, Ramón Iribarnegaray, Rafael Nadales, Enque Vázquez Freire, Manuel Vilariño, Uxía Veiga e Enrique Tenreiro. Dentro da Feira, haberá tamén obradoiros de gravado para adultos e nenos, con inscrición gratuíta no stand de Milpedras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia

Xoves Ruben_Gimeno14
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 5 euros.

Concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Rubén Gimeno, composto polo "Interludio e danza da obra A vida breve", de Manuel de Falla; as "Danzas fantásticas" de Joaquín Turina, así como o "Capricho español" de Nikolai Rimski-Kórsakov e o "Capricho italiano" de Piotr I. Tchaikovski.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Merendas con contos” na Biblioteca Municipal do Fórum: “Os Ratapón na Galicia das Marabillas”

Xoves Bibliotecas Municipais14
Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1)
12:00
Entrada con convite a recoller na propia Biblioteca desde o sábado 9 de xullo.

Sesión das "Merendas con contos": "Os Ratapón na Galicia das Marabillas", da Compañía do Trinke trinke.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Merendas con contos” na Biblioteca Municipal do Castrillón: “Os Ratapón na Galicia das Marabillas”

Xoves Bibliotecas Municipais14
Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n.)
12:00
Entrada con convite a recoller na propia Biblioteca desde o sábado 9 de xullo.

Sesión das "Merendas con contos": "Os Ratapón na Galicia das Marabillas", da Compañía do Trinke trinke.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: proxección de “Radiografía dun autor de tebeos”, de Marcos Nine, e charla posterior

mércores, 13 xullo 2011, 9:08 | Category : audiovisual, coloquios, comic
Tags : , , ,

Xoves 14
Normal (Paseo de Ronda 47 – Antiga Escola de Maxisterio)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección do documental "Radiografía dun autor de tebeos", de Marcos Nine. Posterior charla coloquio co autor e con David Rubín.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Once”, de John Carney, en “Cinenterraza”, o 13 e 14 de xullo

martes, 12 xullo 2011, 9:03 | Category : cinema
Tags : , , ,

"Once", Once John Carneyde John Carney (Irlanda, 2006, 88 minutos, V. O. S. en castelán), dentro do ciclo Cinenterraza. Glen Hansard é un cantante e compositor que interpreta as súas cancións polas rúas de Dublín, cando non está traballando na tenda de seu pai. Durante o día, para gañar algún diñeiro extra, interpreta coñecidos temas para os transeúntes, pero polas noites toca os seus propios temas nos que fala de como o deixou a súa noiva. O seu talento non lle pasa desapercibido a Marketa Irglova, quen dá vida a unha inmigrante checa que vende flores na rúa para sacar adiante a súa filla e a súa nai. Tamén ela se está recuperando dun fracaso amoroso e, para sentirse un pouco mellor escribe cancións sobre o tema, pero a diferencia de Glen, nunca as interpreta en público. Glen e Marketa acaban de improviso facendo un dueto nunha tenda de música e será entón cando descubran que algo os une. Proxeccións: mércores 13 e xoves 14 ás 22:30 horas. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google