CGAI: Alberte Pagán

venres, 30 setembro 2011, 9:13 | Category : cinema
Tags : ,

Sábado Alberte Pagán1
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo "Off Galicia", proxección das seguintes obras de Alberte Pagán: "Asahra Hurratuni (Sáhara libre!)" (1999-2009). Dirección, guión, produción e fotografía: Alberte Pagán. Duración: 48 minutos; "Puilha 17 Janeiro 2010 15:33 horas" (2010). Dirección, produción e fotografía: Alberte Pagán. Duración: 15 minutos; "Eclipse" (2009-2010). Dirección, produción e fotografía: Alberte Pagán. Duración: 20 minutos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Women whitout men”, de Shirin Neshat

xoves, 29 setembro 2011, 10:30 | Category : cinema
Tags : , , , , ,

Venres Women whitout men30
20:00
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

No ciclo "Fóra de serie", proxección de "Women whitout men" (Francia-Alemaña-Austria, 2009, 96 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Shirin Neshat, en colaboración con Shoja Azari. A historia de catro mulleres nos días do golpe de estado de Irán de 1953 que consolida o poder imperialista na rexión e a propia tiranía do Sha. Unha magnífica aproximación á situación da mulleres na outrora Persia nun relato evocador, delicado, onírico e cheo de penetrantes compoñentes políticos, culturais e históricos, dirixido pola artista Shirin Neshat que ilustra o especial que a publicación especializada "Secuencias" dedica ao "cine no espazo da arte". No acto terá lugar tamén a presentación da revista "Secuencias" coa presenza de Daniel Sánchez Salas e Alberto Ruiz de Samaniego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Inauguración de “Libros para soñar” e exposición de Pablo Otero

Venres Libros para soñar30
Libros para soñar (Avenida de Fisterra, 64)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Libros para soñar" é unha libraría especializada en Literatura Infantil e Xuvenil que esta semana abre as súas portas na cidade da Coruña. O acto de inauguración, no que vai participar o equipo de animación á lectura de Kalandraka, xunto con varios autores e ilustradores, consistirá nunha sesión especial de contos e música, aberta ao público. O ilustrador Pablo Otero -ourensán afincado na Coruña- protagoniza a primeira mostra do novo espazo: as imaxes do álbum "Contos por teléfono", un libro de relatos do escritor italiano Gianni Rodari, e que se poderá visitar até finais do vindeiro mes de outubro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Caixa Galicia: estrea de “Nadie se mete con Acuña”

xoves, 29 setembro 2011, 9:03 | Category : cinema
Tags : , ,

Venres Nadie se mete con Acuña30
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Estrea da curtametraxe "Nadie se mete con Acuña", dirixida por Juan del Río.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: “L’elisir d’amore”, de Gaetano Donizetti, no 59 Festival de Ópera

Venres Elisir d'amore30 de setembro e domingo 2 de outubro
Palacio da Ópera
20:00
Entradas: 18, 38, 54 e 70 euros.

Dentro do 59 Festival de Ópera da Coruña, representación de "L'elisir d'amore", de Gaetano Donizetti, coa actuación de Celso Albelo (tenor), Irina Lungu (soprano), Bruno de Simone (baixo) e Javier Franco (barítono), nunha produción do Teatro Villamarta de Jerez, xunto á Orquesta Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos. A dirección musical corre a cargo de Cristóbal Soler e a dirección de escena corresponde a Francisco López. Organiza a Asociación de Amigos de la Ópera.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “O florido pensil”, de Andrés Sopeña

Venres floridopencil_janite_web30 de setembro, sábado 1 e domingo 2 de outubro
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: desconto dun 20%).

"O florido pensil", de Andrés Sopeña Monsalve, conta substancialmente as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. Os seus protagonistas descóbrennos un fresco no que se sucederán os escenarios da acción; en primeiro lugar a escola -centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista- e, máis tarde, o resto das tribunas dende onde o réxime mandaba os seus sinais de apoio: o cine de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa, representada aquí polo aparentemente inofensivo cómic. O fresco inclúe tamén unha variada e interesante fauna de personaxes nos que se mesturan heroes do cine con casposos mestres e mozos (máis ou menos espelidos) con curas de alento tronante. Ademais inclúe voces de nomes míticos cuxos rostros nos roubou a historia: Matías Prats, Pedro Pablo Ayuso, Matilde Conesa. A obra está representada por cinco actores adultos: Xosé Manuel Olveira "Pico", Antonio Durán "Morris", Federico Pérez, Josito Porto e Alfonso Agra, baixo a dirección de Fernando Bernués e Mireia Gabilondo, unha parella de directores vinculados á compañía Tanttaka T.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Pío”, por Caramuxo Teatro

mércores, 28 setembro 2011, 10:00 | Category : infantil, teatro
Tags : , , , , ,

Venres Caramuxo Teatro30 ás 20:00 h.
Sábado 1 ás 19:00 h.
Domingo 2 ás 17:30 h.

Fórum Metropolitano
Entradas: 3 euros (abono familiar de 3 entradas por 6 euros).

Dentro do ciclo "Títeres en familia", representación de "Pío", por Caramuxo Teatro. "Pío é un pequeno paxaro que está só, sen ningún referente que seguir. Na súa viaxe, coñecerá un montón de animais e descubrirá que non é un peixe, nin un coello, nin unha toupa". Espectáculo no que se mestura teatro de actor e teatro de monicreques. Con Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Para público maior de 3 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cine no Fórum Metropolitano do 29 de setembro ao 1 de outubro

mércores, 28 setembro 2011, 9:30 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"Mademoiselle Chambon", Mademoiselle Chambonde The good heartStephane Brizé (Francia, 2009, 102 minutos, V. O. S. en castelán), dentro do ciclo Estreas en V. O., na Sala Marilyn Monroe, apta para todos os públicos. Jean ten unha vida ordenada e feliz: un bo traballo, unha familia modelo e unha boa casa. Pero todo se cambalea cando coñece a mestra do seu fillo, a señorita Chambon. A súa existencia cambiaría para sempre?. Proxeccións: xoves 29 ás 20:15; venres 30 ás 20:15 e 22:45; sábado 1 de outubro ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.

"The good heart", de Dagur Kári (Alemaña, 2009, 110 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 12 anos, dentro do ciclo O novo cine nórdico, na Sala Fernando Rey. Lucas é un mozo de bo corazón que vive nunha caixa de cartón debaixo da ponte de Brooklyn. Sen perspectivas para o futuro, intenta suicidarse, pero o seu intento acaba fallando, como todas as cousas que intentou na súa vida.  Mentres se recupera no hospital, ten que compartir a habitación con Jacques, un malhumorado propietario dun bar, de carácter colérico e estilo de vida nada saudable, que acaba de sufrir o seu quinto infarto. Proxeccións: xoves 29 ás 20:30; venres 30 ás 20:30 e 23:00; e sábado 1 de outubro ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 23:00 e a do sábado ás 17:30 h., 1,50 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “L’autre”, de Patrick-Mario Bernard e Pierre Trividic, e “Centenario de Álvaro Cunqueiro”

Xoves Álvaro Cunqueiro29
18:00 e 20:00
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove) para a sesión das 18:00 h. A sesión das 20:00 horas terá entrada gratuíta.

No ciclo "Foules sentimentales", proxección de "L'autre" (Francia, 2009, 97 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Patrick-Mario Bernard e Pierre Trividic. Anne-Marie e Alex deciden separarse porque ela quere ter máis liberdade e el, polo contrario, desexa formalizar o casamento. Cando Anne-Marie descubre que Alex sae con outra muller, ten un ataque de ciumes e ansiedade. Filme excelentemente interpretado, cheo de ritmo narrativo e creatividade formal. E, no ciclo "Fóra de serie", "Centenario de Álvaro Cunqueiro", coa proxección de "Galicia" (España, 1966, 30 minutos, V. O. en castelán), texto de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) para un traballo documental do solvente e prematuramente falecido Claudio Guerín Hill (1938-1973). Un recorrido histórico por Galicia como se dunha biografía se tratase. Con enorme precisión narrativa divídese en tres bloques, atendendo aos diversos periodos: a Galicia histórica, a medieval e a romántica; e "Os outros feirantes: o verdugo" (Galicia, 1989, 30 minutos, V. O. en galego), baixo a dirección de Xosé Cermeño. Terceiro dos seis episodios desta adaptación de narracións de Cunqueiro. Un home vai ser axustizado; para facer o tránsito con coñecemento, chega á vila o verdugo, e para facilitar o seu digno enterramento está Agustín, que tira da carreta onde ven un ataúde verde, pois o mozo decidíu romper coa negra cor mortuoria. Atópanse, séntense afíns e xuntos pasan esa xornada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: presentación de “Madeira de mulher”, de Adela Figueroa

Xoves Adela Figueroa29
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro de relatos "Madeira de mulher", de Adela Figueroa, publicado en Edicións do Castro. No acto, acompañando á autora, participan Felipe Senén López e Pilar García Negro, xunto á actuación musical de Xurxo Souto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: nova edición de ExploraDomus

martes, 27 setembro 2011, 9:30 | Category : infantil, museos científicos
Tags : , ,

Comeza mc2un ano máis ExploraDomus, o programa de actividades de fin de semana da Domus para mozos científicos. Os participantes explorarán a ciencia nas súas contornas máis próximas: en outubro comezarase con experimentos relacionados coa cociña; en novembro e decembro explorarán o baño; en xaneiro, o patio; en febreiro, o parque de atraccións; marzo estará dedicado ao campo; e en abril as actividades estarán relacionados coa praia. Ademais, haberá sesións especiais nas vacacións escolares de Nadal.
ExploraDomus é unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, e ten lugar na Domus (c/ Santa Teresa 1. A Coruña) os sábados e domingos de 17:00 a 18:30 horas. A primeira sesión desta nova edición será o sábado 1 de outubro. Para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981189840. A tarifa é de 1 euro por participante (gratis para socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta 20).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Barrié: presentación do número 190 da revista Grial

Mércores 28
Fundación Pedro Barrié de la Maza (Cantón Grande, 9)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do número 190 da revista Grial. No acto participan Ana J. Varela, Víctor F. Freixanes, Antonio García, Begoña Graña e Javier López Martínez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “La question humaine”, de Nicolas Klotz, e “L’autre”, de Patrick-Mario Bernard e Pierre Trividic

martes, 27 setembro 2011, 9:03 | Category : cinema
Tags : , , , , ,

Mércores A cuestión humana28
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

No ciclo "Foules sentimentales", proxección de "La question humaine" (Francia, 2007, 141 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Nicolas Klotz. Un psicólogo de 40 anos, Simon, leva o departamento de recursos humanos de SC Farb, un complexo petroquímico filial en Francia dunha multinacional alemá. Un día Simon recibe un encargo especial do codirector da empresa, Karl Rose, que lle pide que faga unha avaliación psiquiátrica do seu socio, Mathias Just. Simon non só queda atrapado entre os seus xefes, inmerso nunha crise persoal, senón que irá descubrindo un mundo de horror onde se acabarán establecendo inquietantes ramificacións entre nazismo e capitalismo; e "L'autre" (Francia, 2009, 97 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Patrick-Mario Bernard e Pierre Trividic. Anne-Marie e Alex deciden separarse porque ela quere ter máis liberdade e el, polo contrario, desexa formalizar o casamento. Cando Anne-Marie descubre que Alex sae con outra muller, ten un ataque de ciumes e ansiedade. Filme excelentemente interpretado, cheo de ritmo narrativo e creatividade formal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kiosko Alfonso: exposición de Alberto Carpo

luns, 26 setembro 2011, 10:00 | Category : exposicións, pintura
Tags : ,

Do martes 27 de setembro ao domingo 6 de novembro
Kiosko Alfonso
Horario de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición de Alberto Carpo, quen, tras máis de corenta anos de actividade, é un dos pintores máis recoñecidos da cidade. Autor realista, a súa obra sempre destacou pola súa observación, tamén psicolóxica, da figura humana, especialmente feminina, pero sen descoidar os distintos xéneros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Margarita Ledo: “Fotografía dende onde o mundo se chama Galiza”

Martes 27
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia de Margarita Ledo sobre "Fotografía dende onde o mundo se chama Galiza", dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación" da A. C. O Facho.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google