Teatro Rosalía: Ciclo Principal, calendario de setembro a decembro de 2011

OCiclo Principal setembro-decembro 2011 Ciclo Principal desenvolverá o seguinte programa de representacións no Teatro Rosalía de Castro entre os meses de setembro e decembro de 2011:

- Venres 23 e sábado 24 de setembro: El evangelio según Pilatos, de Eric-Emmanuel Schmitt, pola Compañía Concha Busto Producciones, con Joaquín Kremel, José Luis Madariaga e Julia Torres, baixo a dirección de José Sámano. Entradas: Tarifa A.

- Venres 21 e sábado 22 de outubro: El viaje del actor, baseada en pezas do grande dramaturgo ruso Anton Chékhov, pola Compañía Puro Teatro y Producciones Artísticas Teatrales, con Roberto Quintana, José Luis Martínez, Juan Carlos Castillejo e Patricia Montero, baixo a dirección de Paco Plaza. Entradas: Tarifa A.

- Luns 31 de outubro: El viento en un violín, de Claudio Tolcachir, pola Compañía Teatro Timbre 4, con Inda Lavalle, Tamara Kiper, Miriam Odorico, Araceli Dvoskin, Lautaro Perotti e Gonzalo Ruiz, baixo a dirección de Claudio Tolcachir. Entradas: Tarifa A.

- Venres 4 e sábado 5 de novembro: "E. R." Algún día traballaremos xuntas, de Josep M. Benet i Jornet, pola Compañía Teatro do Atlántico, con Manuela Varela, María Barcala, Luisa Merelas e Susana Dans, baixo a dirección de Xulio Lago. Entradas: Tarifa B.

- Venres 25 e sábado 26 de novembro: Mi mapa de Madrid, de Margarita Sánchez, pola Compañía Teatro de la Danza, con Estrella Blanco, Saturna Barrio, Amparo Pamplona, Ángel Burgos, Roberto Cairo, José Luis Gago e Pablo Viña, baixo a dirección de Amelia Ochandaino. Entradas: Tarifa A.

- Venres 2 e sábado 3 de decembro: Unha hora na vida de Stefan Zweig, de Antonio Tabares, con Ernesto Chao, Belén Constenla e César Cambeiro, baixo a dirección de Rosa Álvarez. Entradas: Tarifa B.

- Venres 9 de decembro: La noche de Max Estrella, a partir de "Luces de Bohemia", de Ramón del Valle-Inclán, polas compañías Centro Andaluz de Teatro, Centro Dramático Galego e Centro Párraga de Murcia, con Carlos Álvarez-Nóvoa, Chiu Longina, Pilar Millán e Rafael Abolafia, baixo a dirección de Francisco Ortuño Millán. Entradas: Tarifa B.

- Venres 16 e sábado 17 de decembro: Las mujeres de Shakespeare, sobre textos de Harold Bloom, en versión de Rafael Álvarez "El Brujo", pola compañía El Brujo Producciones, con Rafael Álvarez "El Brujo" (actor solista e director) e Javier Alejano (violín).

Entradas: Tarifa A

* ENTRADAS E ABONOS
- Tarifa A: 8, 10, 13 e 17 euros.
- Tarifa B: 6, 7, 9 e 13 euros.
- Abono 6*: 33, 40'50, 52'50 e 70'50 euros
- "La noche de Max Estrella": 4'50, 5'25, 6,75 e 9'75 euros.

Abono 6: o seu prezo representa un desconto do 25%. En cada abono existen dous días de función que dan orixe a dúas opcións: V e S. A opción V ten todas as funcións en venres. A opción S ten todas as funcións en sábado. Deste abono quedan excluídas La noche de Max Estrella e El viento en un violín, porque só se programa unha función e non se garante a localidade nin o día de abono. Os abonados interesados nestes espectáculos poderán retirar as entradas o mesmo día ao adquirir o seu abono co mesmo desconto.

* ENTRADAS
Venda de entradas soltas: a partir do mércores 14 de setembro ás 9:30 horas en todas as canles:
- Despacho central, praza de Ourense: de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 h.
- Venda telefónica: 902 504 500, de 8:00 a 22:00 horas.
- Venda de entradas por internet en Servinova.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path