Carteleira de cine no Fórum Metropolitano do 29 de setembro ao 1 de outubro
"Mademoiselle Chambon",
de
Stephane Brizé (Francia, 2009, 102 minutos, V. O. S. en castelán), dentro do ciclo Estreas en V. O., na Sala Marilyn Monroe, apta para todos os públicos. Jean ten unha vida ordenada e feliz: un bo traballo, unha familia modelo e unha boa casa. Pero todo se cambalea cando coñece a mestra do seu fillo, a señorita Chambon. A súa existencia cambiaría para sempre?. Proxeccións: xoves 29 ás 20:15; venres 30 ás 20:15 e 22:45; sábado 1 de outubro ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.
"The good heart", de Dagur Kári (Alemaña, 2009, 110 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 12 anos, dentro do ciclo O novo cine nórdico, na Sala Fernando Rey. Lucas é un mozo de bo corazón que vive nunha caixa de cartón debaixo da ponte de Brooklyn. Sen perspectivas para o futuro, intenta suicidarse, pero o seu intento acaba fallando, como todas as cousas que intentou na súa vida. Mentres se recupera no hospital, ten que compartir a habitación con Jacques, un malhumorado propietario dun bar, de carácter colérico e estilo de vida nada saudable, que acaba de sufrir o seu quinto infarto. Proxeccións: xoves 29 ás 20:30; venres 30 ás 20:30 e 23:00; e sábado 1 de outubro ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 23:00 e a do sábado ás 17:30 h., 1,50 euros.














