CGAI: “L’autre”, de Patrick-Mario Bernard e Pierre Trividic, e “Centenario de Álvaro Cunqueiro”

Xoves Álvaro Cunqueiro29
18:00 e 20:00
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove) para a sesión das 18:00 h. A sesión das 20:00 horas terá entrada gratuíta.

No ciclo "Foules sentimentales", proxección de "L'autre" (Francia, 2009, 97 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Patrick-Mario Bernard e Pierre Trividic. Anne-Marie e Alex deciden separarse porque ela quere ter máis liberdade e el, polo contrario, desexa formalizar o casamento. Cando Anne-Marie descubre que Alex sae con outra muller, ten un ataque de ciumes e ansiedade. Filme excelentemente interpretado, cheo de ritmo narrativo e creatividade formal. E, no ciclo "Fóra de serie", "Centenario de Álvaro Cunqueiro", coa proxección de "Galicia" (España, 1966, 30 minutos, V. O. en castelán), texto de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) para un traballo documental do solvente e prematuramente falecido Claudio Guerín Hill (1938-1973). Un recorrido histórico por Galicia como se dunha biografía se tratase. Con enorme precisión narrativa divídese en tres bloques, atendendo aos diversos periodos: a Galicia histórica, a medieval e a romántica; e "Os outros feirantes: o verdugo" (Galicia, 1989, 30 minutos, V. O. en galego), baixo a dirección de Xosé Cermeño. Terceiro dos seis episodios desta adaptación de narracións de Cunqueiro. Un home vai ser axustizado; para facer o tránsito con coñecemento, chega á vila o verdugo, e para facilitar o seu digno enterramento está Agustín, que tira da carreta onde ven un ataúde verde, pois o mozo decidíu romper coa negra cor mortuoria. Atópanse, séntense afíns e xuntos pasan esa xornada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path