Inauguración de “Libros para soñar” e exposición de Pablo Otero
Venres
30
Libros para soñar (Avenida de Fisterra, 64)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.
"Libros para soñar" é unha libraría especializada en Literatura Infantil e Xuvenil que esta semana abre as súas portas na cidade da Coruña. O acto de inauguración, no que vai participar o equipo de animación á lectura de Kalandraka, xunto con varios autores e ilustradores, consistirá nunha sesión especial de contos e música, aberta ao público. O ilustrador Pablo Otero -ourensán afincado na Coruña- protagoniza a primeira mostra do novo espazo: as imaxes do álbum "Contos por teléfono", un libro de relatos do escritor italiano Gianni Rodari, e que se poderá visitar até finais do vindeiro mes de outubro.














