"Kynodontas",
de Yorgos
Lanthimos (Grecia, 2009, 93 minutos, V. O. S. en castelán), dentro do ciclo Estreas en V. O., na Sala Marilyn Monroe, N. R. M. de 18 anos. Coa complicidade da súa esposa, o propietario dunha empresa de seguridade educa os seus tres fillos completamente fóra do mundo, illados na casa que os viu crecer, enganados, convencidos de que un avión que suca o ceo non é máis que un simple xoguete, ou que os gatos son criaturas perigosas. Proxeccións: xoves 22 ás 20:15; venres 23 ás 20:15 e 22:45; sábado 24 ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.
"Mammut", de Lukas Moodysson (Suecia, 2009, 127 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 12 anos, dentro do ciclo O novo cine nórdico, na Sala Fernando Rey. Leo é un home que alcanzou o éxito na industria dos videoxogos. E Ellen, a súa muller, traballa como médico. Ambos viven en Nova York coa súa filla pequena, que, debido a que os seus pais están absortos nos seus respectivos traballos, pasa a maior parte do tempo cunha coidadora chamada Gloria, asunto que preocupa en gran medida a Ellen, medorenta de perder o agarimo da pequena. Un día, e debido a un asunto de negocios, Leo deberá realizar unha viaxe ao estranxeiro, e a partir dese momento terá lugar un cúmulo de feitos que afectarán de forma profunda á súa vida familiar. Proxeccións: xoves 22 ás 20:30; venres 23 ás 20:30 e 23:00; e sábado 24 ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 23:00 e a do sábado ás 17:30 h., 1,50 euros.