Portas Ártabras: proxección de “Exit through the gift shop”, de Banksy
Luns
31
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22, baixo)
19:45
Entrada libre até completar capacidade.
Proxección, no ciclo "O cine e a historia da arte", da película "Exit through the gift shop" (2010), de Banksy.
Teatro Rosalía: “El viento en un violín”, de Claudio Tolcachir
Luns
31
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).
Dentro do Ciclo Principal, representación de "El viento en un violín", de Claudio Tolcachir, representada por Teatro Timbre 4. Mulleres que se aman, buscando desesperadamente un fillo. Nais con fillos, desesperados por atopar o seu lugar. Historias de seres ricos e pobres buscándose a vida. E o amor de pensar a vida doutra forma e aceptala talvez, en nome do amor. Con Inda Lavalle, Tamara Kiper, Miriam Odorico, Araceli Dvoskin, Lautaro Perotti e Gonzalo Ruiz, baixo a dirección do propio Claudio Tolcachir.
Teatro Rosalía: VII “Ciclo de Coros Históricos”, co coro Toxos e Froles, Raiola Teatro e Cántigas da Terra
Domingo
30
Teatro Rosalía de Castro
19:00
Entradas: 3 euros.
Finaliza o VII "Ciclo de Coros Históricos" Cántigas da Terra, coa actuación do Real Coro Toxos e Froles, Raiola Teatro e Cántigas da Terra.
Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “A ratiña presumida”
"Merendas
con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana ("A ratiña presumida") son: "A ratiña presumida", conto popular, e "Nadarín", de Leo Lionni.
As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 29 ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (Rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 22.
Mércores 2 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 29 de outubro.
Xoves 3 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 29 de outubro.
Venres 4 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 29 de outubro.
Sábado 5 de novembro, ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1). Convites desde o sábado 29 de outubro.
Teatro Rosalía: estrea de “As nenas perdidas”, da Compañía Femme Fatale, no 6º Festival Galego de Cabaré
Sábado
29
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 11 euros (7 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados).
Finaliza o 6º Festival Galego de Cabaré coa estrea de "As nenas perdidas", un espectáculo de variedades en forma de Gala a cargo da Compañía Femme Fatale, coa música en directo da banda Miki Nervio & The Bluesmakers e a participación de varios artistas convidados. Con Bea Bravo, Greta Mari Rodríguez, María Manero, María Polo, Nelson Quinteiro, Saamira Ganay, Uxía Vázquez e Yolanda Paz. Coreografía: Nelson Quinteiro.
CGAI: ‘Ferrol 1936′, de Jorge Gil
Sábado
29
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.
Dentro do Ciclo "Off Galicia", proxección de "Ferrol 1936" (2011, 60 minutos). Dirección e guión: Jorge Gil. Relato dos feitos do golpe franquista na cidade de Ferrol, coa represión posterior desatada contra a poboación civil e militares que se mantiveron fieis ao Goberno da República. Presentación con presenza do seu autor.
Clases de música na Asociación de Veciños de Oza, Gaiteira e Os Castros
Durante
este curso escolar a Asociación de Veciños de Oza, Gaiteira e Os Castros (Rúa da Merced, 56, baixo. Teléfono e fax 981-298122, correo: ozagaiteiraoscastros2 at gmail.com) desenvolve as seguintes actividades de formación para os interesados:
- Clases de gaita: martes de 20:00 a 22:00 h. (perfeccionamento) e mércores de 18:00 a 20:00 h. (iniciación).
- Clases de tamboril: martes de 19:00h a 20:00 h.
- Clases de pandeireta: xóves de 21:00 a 22:00 h.
- Como novidade, vanse dar tamén clases de acordeón. Ainda que o horario está pendente, as/os interesadas/os poden anotarse no correo electrónico, no teléfono mencionado ou nos números 618-595472 e 658-565657.
Actividades do venres 28 de outubro na “IV Mostra de Ciencia e Cinema”
Remata
a IV Mostra de Ciencia e Cinema, con estas actividades para o venres 28 de outubro:
FUNDACIÓN RODRÍGUEZ IGLESIAS (Rúa Cordelería, 32).
Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo.
De 18:00 a 22:00 horas:
- "La tercera mirada". Colectivo Olhares Nómadas, 2011 [SO] 23 min. Subtítulos en español. Filmado por mulleres do campo de refuxiados saharaui de Dajla (Argelia), nun obradoiro durante os cinco días do Festival Internacional de Cinema do Sahara 2010. No campo de refuxiados de Dajla hai 32 anos que viven miles de saharauis, nunha espera forzada por un referendo pola independencia do seu país, que non dá chegado. Viven no deserto do deserto, sen auga, electricidade nin alimentos. Durante cinco días convivimos con algunhas familias que, ao abriren as súas casas, filman, falan e cantan a súa cultura, música, historias, demandas e soños.
- "Península XY". Juan Lesta e Belén Montero, 2011 [SO] 26 min. Sen diálogos. Coa presenza do coautor, Juan Lesta. Dúas rutas rodadas en formato timelapse, entre o orto e solpor, que percorren a península de sur a norte (Sagres-Bares) e de leste a oeste (Creus-Fisterra) e se cruzan en Galicia. Estas rutas están xeoposicionadas e enriquecidas cun diario de viaxe dixital na web do proxecto.
- "De Ziel van Witgoed". Susanne Engels, 2010 [SO] 50 min. Subtítulos en galego. Esta película escrutina a relación entre humano e máquina dunha maneira visual; a naturalidade coa que as persoas se rodean de electrodomésticos e mesmo a dependencia cara a eles, mais tamén a irritación que nos producen cando parecen actuar de forma incomprensible.
- "A flor, a formiga e a borboleta ameaçada". Bruno Cabral, Ivânia West & Patrícia Garcia-Pereira, 2008 [RP] 25 min. Subtítulos en español. En Portugal, a Maculinea Alcon, a bolboreta azul de montaña, é unha bolboreta ameazada. Vive nunha relación de equilibrio complexo cunha especie de formiga, unha planta e o ser humano. Só no norte de Portugal, nas Serras de Alvão e Marão, aínda podemos observar poboacións desta pequena bolboreta. O documental rexistra o traballo e o esforzo de Ernestino Maravalhas para estudar e percibir estas estrañas relacións ecolóxicas que pasan desapercibidas para a maioría das persoas.
- "Portugal, um retrato ambiental". Francisco Manso, 2004 [RP] 52 min. Subtítulos en español. A opinión pública, tanto portuguesa como internacional, foi alertada sobre as cuestións ambientais cando os medios comezaron a informar dos primeiros acontecementos catastróficos de causa humana e involuntaria. Portugal é un bo exemplo. Case de súpeto, o país viuse enfrontado a unha catástrofe que, sendo en orixe natural, puxo de manifesto o caos suburbano de Lisboa cando unhas choivas torrenciais en 1967 mataron a centenares de persoas ás portas da capital, debido sobre todo á construción desordenada. Na segunda parte do programa, profúndase no problema enerxético que está na xénese das preocupacións ambientais e do propio movemento ambientalista. O episodio termina repasando a historia recente dos incendios, que a desfeita forestal das últimas décadas fixo cada vez máis dramáticos.
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo):
- 18:00 h. "Nostalgia de la luz". Patricio Guzmán, 2010 [SO] 90 minutos. Vídeo. Filme sobre a distancia entre o ceo e a terra, entre a luz do cosmos e os seres humanos e as misteriosas idas e voltas que se crean entre eles. En Chile, a tres mil metros de altura, os astrónomos chegados de todo o mundo reúnense no deserto de Atacama para observar as estrelas. Aquí, a transparencia do ceo permite ver até os confíns do universo. Abaixo, a sequidade do solo preserva os restos humanos intactos para sempre: momias, exploradores, mineiros, indíxenas e ósos dos prisioneiros políticos da ditadura. Mentres os astrónomos buscan a vida extraterrestre, un grupo de mulleres remove as pedras: busca os seus familiares.
- 20:45 h. Programa Max & Dave Fleischer: "Einstein's theory of relativity" e "Darwin's theory of evolution". Filmes mudos con narración en vivo a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. 80 minutos. 16mm.
Entrada de balde a todas as actividades.
IX edición dos “Encontros Milpedras”, recital conxunto de poesía, música e fotografía
Venres
28
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.
A IX edición dos "Encontros Milpedras" contará coa participación poética de Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval e Ramiro Vidal Alvarinho, en paralelo á intervención musical de Mou e a proxección da obra fotográfica de Maribel Longueira.
Fórum Metropolitano: “Pisados”, de Áncora Produccións, con Gustavo Pernas
Venres
28 e sábado 29
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregadas/os: 5 euros).
"Pisados" é unha obra escrita e interpretada por Gustavo Pernas. Botamán de Melide sopra follas no outono e aprende idiomas co paso dos peregrinos do Camiño de Santiago. Máis tarde descobre, entre as follas do chan, a linguaxe secreta dos pisados. Pode falar cos zapatos e vén revelarlle ao público o que calan as bocas e gardan os pés. Baixo a dirección de Ánxela G. Abalo.
Palacio da Ópera: concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, con Eugène Ugorski
Venres 28
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 11, 15, 20 e 27'50 euros.
Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, no que interpretará "Les préludes, poema sinfónico nº3", de Franz Liszt; o "Concerto para violín e orquestra en re menor, op. 47", de Jan Sibelius; e a "Sinfonía nº 4 en mi menor, op. 48", de Johannes Brahms. Con Eugène Ugorski no violín, baixo a dirección de Jun Märkl.
Actividades do venres 28 no Festival Galego de Cabaré
O venres
28, penúltimo día do 6º Festival Galego de Cabaré, terán lugar estas dúas actividades:
- 20:00 h. Obelisco e zona de viños. Espectáculo de rúa. "Cabarédeambulante". Compañía Femme Fatale (Galicia). Entrada libre até completar capacidade.
- 22:00 h. Bar Ink (Rúa Traballo): Espectáculo en bar. "This isn't a cabaret". Hermanas Trilita (Extremadura). Entradas: 3 euros.
Carteleira de cinema no Fórum Metropolitano do 27 ao 29 de outubro
"El último viaje del juez Feng",
de
Yang Yaning (China, 2006, 101 minutos, V. O. S. en castelán), apta para todos os públicos, na Sala Marilyn Monroe. O veterano xuíz Feng (Li Bastian) percorre as abruptas montañas do suroeste rural chinés presidindo un xulgado ambulante. Na súa tarefa de mediar entre os pequenos conflitos dos labregos acompáñao a súa secretaria e un mozo maxistrado (Lu Yulai) que se está preparando para substituílo. Proxeccións: xoves 27 ás 20:15; venres 28 ás 20:15 e 22:45; sábado 29 de outubro ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.
"4 meses, 3 semanas, 2 días", de Cristian Mungiu (Romanía, 2007, 113 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 12 anos, dentro do ciclo Encrucilladas, na Sala Fernando Rey. Conta a odisea de Gabita, unha estudante embarazada que busca quen lle practique un aborto. A súa amiga Otilia apóiaa en todo o proceso, que as levará ata unha habitación de hotel barato e poñerá a Gabita en mans de Mr. Bebe (Vlad Ivanov), un home sen escrúpulos que non dubida en aproveitarse do seu oficio. Proxeccións: xoves 27 ás 20:30; venres 28 ás 20:30 e 23:00; e sábado 29 ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). As sesións do venres ás 23:00 e sábado ás 17:30 h., 1,50 euros.














