Normal: exposición “#Negro”

mércores, 5 outubro 2011, 9:00 | Category : Arte, exposicións
Tags : , , , , ,

Do Negromércores 5 de outubro ao venres 4 de novembro
Normal (Paseo de Ronda, 47. Antiga Escola de Maxisterio)
De luns a venres de 11:00 a 22:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

Normal propón a catro artistas o desafío de traballar a partir desta premisa simple en forma e complexa en fondo. Xirar cara a #Negro. Desde esa luz os artistas intentarán chegar a porto en forma dunha exposición que funciona como reflexión sobre si mesmos e o seu deber como artistas de revelar verdades ocultas. De médium que atrae cara á luz e captura aquilo que no ollo do espectador aínda non foi percibido. O reto é #Negro polo que representa a nivel formal, a non cor, pero tamén a nivel semántico, o negro entendido desde un punto de vista social como a representación do oculto, do non revelado. E sempre desde o sentido antropolóxico do máxico, daquilo que, por estar falto da etiqueta da cor, nos é descoñecido e por iso tememos. Enrique Lista, Mar Vicente, Mauro Trastoy e Mónica Cabo. Catro artistas da mesma xeración que operan en Galicia desde hai anos asumen o desafío de aproximarse ao #Negro. Desde catro puntos de vista diferentes ofrécennos a súa visión particular deste problema que Normal lles propón. A inauguración terá lugar o mércores 5 de outubro ás 20:30 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path