Libros para soñar: presentación de “Contos por teléfono”, con Pablo Otero
Venres 14
Libros para soñar (Avenida de Fisterra, 64)
18:30
Entrada libre até completar capacidade.
"Contos por teléfono" é unha obra maxistral do gran mestre e pedagogo italiano Gianni Rodari que contén 70 alfaias da literatura breve: relatos imaxinativos, comprometidos, humorísticos e surrealistas cun final sorprendente, ilustrados polo artista plástico galego Pablo Otero, quen a presentará este venres. As ilustracións orixinais están expostas ata finais deste mes de outubro. Esta actividade está destinada a nenas e nenos a partir de 6 anos.














