Carteleira de cinema no Fórum Metropolitano do 27 ao 29 de outubro
"El último viaje del juez Feng",
de
Yang Yaning (China, 2006, 101 minutos, V. O. S. en castelán), apta para todos os públicos, na Sala Marilyn Monroe. O veterano xuíz Feng (Li Bastian) percorre as abruptas montañas do suroeste rural chinés presidindo un xulgado ambulante. Na súa tarefa de mediar entre os pequenos conflitos dos labregos acompáñao a súa secretaria e un mozo maxistrado (Lu Yulai) que se está preparando para substituílo. Proxeccións: xoves 27 ás 20:15; venres 28 ás 20:15 e 22:45; sábado 29 de outubro ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.
"4 meses, 3 semanas, 2 días", de Cristian Mungiu (Romanía, 2007, 113 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 12 anos, dentro do ciclo Encrucilladas, na Sala Fernando Rey. Conta a odisea de Gabita, unha estudante embarazada que busca quen lle practique un aborto. A súa amiga Otilia apóiaa en todo o proceso, que as levará ata unha habitación de hotel barato e poñerá a Gabita en mans de Mr. Bebe (Vlad Ivanov), un home sen escrúpulos que non dubida en aproveitarse do seu oficio. Proxeccións: xoves 27 ás 20:30; venres 28 ás 20:30 e 23:00; e sábado 29 ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). As sesións do venres ás 23:00 e sábado ás 17:30 h., 1,50 euros.














