Actividades do xoves 27 de outubro na “IV Mostra de Ciencia e Cinema”

Continúa IV Mostra de ciencia e cinemaa IV Mostra de Ciencia e Cinema, que chegará até este venres 28, coas seguintes actividades para o xoves 27 de outubro:

FUNDACIÓN RODRÍGUEZ IGLESIAS (Rúa Cordelería, 32).
Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo.
De 19:00 a 22:00 horas:

- "Memoirs of a plague". Robert Nugent, 2010 [SO] 77 min. Subtítulos en galego. Un retrato impresionista, impredicible e persoal dunha guerra contra un fenómeno natural: as lagostas e o home, a vida e a morte. A película segue a viaxe do director ao mundo das lagostas e os que as cazan en África e Australia.
- "As horas do Douro". António Barreto & Joana Pontes, 2010 [RP] 100 min. Subtítulos en español. Os "Libros de Horas" son manuscritos iluminados moi comúns na Idade Media. Cada libro contén unha colección de textos, oracións e salmos adecuados para determinadas horas do día. Están marabillosamente ilustrados e mostran a vida tal como era nesa época. Nos calendarios dos Libros de Horas atopamos a enumeración dos traballos rurais e os meses en que estes teñen lugar. As horas do Douro está inspirada nesta idea medieval de inventario e rexistro anual e mostra como o ciclo da viña e do viño determina a vida das persoas nesta rexión. O que se pretende expor, a través do recoñecemento minucioso da transformación da paisaxe ao longo das estacións do ano, é que o viño é unha obra humana e así debe mostrarse.

CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo):
- 18:00 h. "Encontros". Pierre-Marie Goulet, 2006 [RP]. 105 minutos. Vídeo. Subtítulos en castelán. Evocación do sentimento dunha tribo poética, humana e musical. Unha tribo cuxo territorio non está definido por unha situación xeográfica. A película intercala distintos encontros, do presente e do pasado, entre persoas e recordos, que nos levan a preguntarnos de que estamos feitos e como nos enriquecen a memoria.
- 20:45 h. "Nostalgia de la luz". Patricio Guzmán, 2010 [SO] 90 minutos. Vídeo. Filme sobre a distancia entre o ceo e a terra, entre a luz do cosmos e os seres humanos e as misteriosas idas e voltas que se crean entre eles. En Chile, a tres mil metros de altura, os astrónomos chegados de todo o mundo reúnense no deserto de Atacama para observar as estrelas. Aquí, a transparencia do ceo permite ver até os confíns do universo. Abaixo, a sequidade do solo preserva os restos humanos intactos para sempre: momias, exploradores, mineiros, indíxenas e ósos dos prisioneiros políticos da ditadura. Mentres os astrónomos buscan a vida extraterrestre, un grupo de mulleres remove as pedras: busca os seus familiares.

Entrada de balde a todas as actividades.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades do xoves 27 no 6º Festival Galego de Cabaré

O xoves Festival Galego de Cabaré27 continúa o 6º Festival Galego de Cabaré, con estas dúas actividades:

- 20:00 h. Praza de María Pita. Espectáculo de rúa. "Rojo", pola compañía La Industrial Teatrera (Cataluña). Entrada libre até completar capacidade.
- 22:00 h. Bar Malte (Rúa Panadeiras): Espectáculo en bar. Carla de Figueredo e Cabe (Galicia). Entrada libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: presentación do libro-disco “Haberá primavera”, de César Morán

Xoves 27
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro-disco "Haberá primavera", de César Morán, na que o escritor e músico canta a Álvaro Cunqueiro, publicada en Galaxia. A obra, na que participou Uxía, vai acompañada de dous cd's, un coa música e outro coa derradeira entrevista concedida en vida polo autor de Mondoñedo, precisamente, a César Morán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca González Garcés: exposición “Un paseo ilustrado”, de David Pintor e Óscar Villán

Do xoves 27 de outubro ao luns 28 de novembro
Biblioteca Miguel González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, 1)
De luns a venres: de 08:30 a 20:30 h.
Sábados: de 10:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Un paseo ilustrado", unha escolma dos traballos de ilustración de David Pintor e Óscar Villán, ben sexa en editoriais, revistas ou mostras itinerantes. Os autores convídannos a dar un paseo polo seu persoal mundo cheo de fantasía, lirismo e imaxinación. Despois de moitos anos de traxectoria profesional, quixeron traducir a súa amizade nunha exposición conxunta na que se establece un diálogo entre dúas maneiras de entender a ilustración. A inauguración terá lugar o xoves 27 de outubro ás 20:00 horas, coa presenza e intervención dos autores.

Un paseo ilustrado invitación

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades do mércores 26 de outubro na “IV Mostra de Ciencia e Cinema”

Continúa IV Mostra de ciencia e cinemaa IV Mostra de Ciencia e Cinema, que chegará até o venres 28 de outubro, coas seguintes actividades para o mércores 26 de outubro:

FUNDACIÓN RODRÍGUEZ IGLESIAS (Rúa Cordelería, 32).
Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo.
De 19:00 a 22:00 horas:

- "Milho". José Barahona, 2007 [RP] 54 min. Subtítulos en español. Dona Ana prepara unha ensalada de millo para a súa familia. Na televisión, as noticias son contraditorias: algúns predican os beneficios das novas variedades de millo transxénico; outros, pola contra, apuntan aspectos catastróficos relacionados co seu uso. Dona Ana ten dúbidas sobre o que é ou non seguro para alimentar á súa familia.
- "Electric mind". Nadav Harel, 2010 [SO] 60 min. Subtítulos en galego. Viaxe fílmica á cabeza e o corazón de catro persoas afectadas por problemas cerebrais incapacitantes: depresión, desorde bipolar, epilepsia e distonía. Estas persoas -homes e mulleres, novos e vellos- experimentan tratamentos rompedores que implican intervir sobre a actividade eléctrica cerebral. Aparecen entón preguntas sobre a ética médica, as interaccións corpo-cerebro e mente-cerebro e sobre a esencia mesma da nosa identidade persoal.
- "Angst". Graça Castanheira, 2010 [SO] 53 min. Subtítulos en español. Nada do que producimos ou descubrimos nos distingue dos outros animais de maneira tan formidábel como desexariamos. Limitámonos a crear un mundo de ilusións, sen as cales non sobreviviríamos a nós mesmos. Este filme trata diso.
- "Rememorações". José Coimbra & Tiago Guimarães, 2007 [RP] 50 min. Subtítulos en español. Este é un documental sobre a xente do Alentejo, vítimas da ditadura salazarista e das dificultades da vida, que non viviron a súa infancia nunha escola. Este é un documental sobre xente do Alentejo de coraxe que na vellez busca unha identidade que se resume, moitas das veces, no acto de asinar co seu nome. Nun mundo feito de palabras, como é crecer e vivir sendo analfabeto? Podemos imaxinar ese mundo?.

CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo):

- 18:00 h. Conferencia de Juan Herbera: "Está en crise o mercado cinematográfico español?". Os números de asistencia ás salas de cinema en España convidan a pensar que o sector pasa por un momento delicado. A realidade do mercado actual explícase, entre outras razóns, pola evolución dos parámetros básicos (número de pantallas, espectadores, recadación, prezo medio, índice de asistencia) ao longo da última década. Tomando como punto de partida a crise da década do oitenta achéganse datos que ilustran a recuperación durante a década do noventa, a consolidación durante a primeira década do século XXI e o descenso até os nosos días.
- 20:45 h. Foco Ben Rivers: "Origin of the species" e "Slow action". 61 minutos. 16mm / Vídeo HD. Subtítulos en galego + "The yellow bank". J. P. Sniadecki, 2010 [SO] 27 minutos. Vídeo.

Entrada de balde a todas as actividades.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Life is a paripé”, no 6º Festival Galego de Cabaré

Mércores Festival Galego de Cabaré26
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 7 euros (5 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados).

Dentro do 6º Festival Galego de Cabaré, Obras Públicas (Galicia) representa "Life is a paripé". Cun pouco de humor e autoconsciencia, todos poderemos sentirnos identificados cos personaxes que desfilarán sobre as táboas. Con Goldi, Mos e Iolanda Muíños, baixo a dirección de José Prieto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades do martes 25 de outubro na “IV Mostra de Ciencia e Cinema”

Continúa IV Mostra de ciencia e cinemaa IV Mostra de Ciencia e Cinema, que chegará até o venres 28 de outubro, coas seguintes actividades para o martes 25 de outubro:

FUNDACIÓN RODRÍGUEZ IGLESIAS (Rúa Cordelería, 32).
Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo.
De 19:00 a 22:00 horas:

- "Anne Vliegt". Catherine van Campen, 2010 [SO] 21 min. Subtítulos en galego. Anne é coma calquera outra nena de once anos: monta en bicicleta, gústalle saltar na cama elástica, pasar o tempo cos amigos. Mais vivir coa síndrome de Tourette supón que ela ás veces fai cousas difíciles de controlar. Anne non quere cambiar a persoa que é, só intenta controlar os seus tics e axudar a que os demais a entendan mellor.
- "Pare, escute, olhe". Jorge Pelícano, 2009 [RP] 100 min. Subtítulos en español. Decembro de 91. Unha decisión política acaba con parte da centenaria liña ferroviaria de Tua, entre Bragança e Mirandela. Quince anos despois, o asubío do tren só é un eco na memoria dos transmontanos; o desenvolvemento da rexión viuse severamente afectado e acentuáronse as diferenzas entre o litoral e o interior de Portugal. Viaxe por un Portugal profundo e esquecido, conducido pola voz soberana dun pobo vítima de promesas incumpridas.
- "Wolframio, un tipo con química". Laureano Jiménez & Gonzo Bello, 2011 [SO] 34 min. Coa presenza de Laureano Jiménez. Toda a química é mala? A química é obrigatoriamente aburrida? Estamos convencidos de que a química se pode presentar de forma amena e transmitir aspectos positivos: queremos contribuír a minimizar a quimifobia. O obxectivo é mostrar algúns aspectos de química cotiá. A serie de oito vídeos vai dirixida á mocidade: estudantes de secundaria, bacharelato ou formación profesional. Para conectar con eles, o ton dos vídeos é deliberadamente gamberro.

CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo):
- 18:00 h. Foco Deborah Stratman: "From Hetty to Nancy", "It will die out in the mind", "On the various nature of things" e "Ray's birds". [SO] 80 minutos. 16mm / Vídeo. Subtítulos en galego.
- 20:45 h. "Nénette". Nicolas Philibert, 2010 [SO] 70 min, 35mm. Subtítulos en galego + "La linea generale". Oleg Tcherny, 2010 [SO] 16 min, Vídeo. Subtítulos en galego.

Entrada de balde a todas as actividades.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades do luns 24 de outubro na “IV Mostra de Ciencia e Cinema”

Comeza IV Mostra de ciencia e cinemaa IV Mostra de Ciencia e Cinema, que chegará até o venres 28 de outubro, coas seguintes actividades para o luns 24 de outubro:

FUNDACIÓN RODRÍGUEZ IGLESIAS (Rúa Cordelería, 32).
Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo.
De 18:00 a 22:00 horas:

- "Como as serras crescem". Maria João Soares, 2010 [SO] 28 min. Sen diálogos. Cada ano a salina prepárase para recibir as montañas de sal. A auga, o barro, o vento, o sol e o home son os elementos que o producen.
- "A simple rhythm". Tess Girard, 2010 [SO] 52 min. Subtítulos en español. Exploración filosófica sobre o ritmo e a sincronización. Utilizando conversas con, entre outros, o matemático teórico Steven H. Strogatz (Universidade de Cornell), Roger D. Nelson (Director do Global Consciousness Project, Universidade de Princeton) e o músico gañador do Premio Juno Charles Spearin (The Happiness Project, Broken Social Scene, Do Make Say Think), a película conecta as súas diverxentes disciplinas nunha mesma dirección, a nosa inconsciente tendencia a manternos en sincronía.
- "No gravity". Silvia Casalino, 2010 [SO] 60 min. Subtítulos en galego. A enxeñeira espacial Silvia Casalino soña con ir ao espazo. Os seus soños convértense en realidade ao embarcarse nunha viaxe sorprendente e bizarra que a achega a algúns dos mitos femininos da carreira espacial e a cultura cyborg. Con forma de ensaio documental, No Gravity é unha historia persoal, pero tamén unha aproximación á historia das mulleres no espazo e as relacións entre xénero e tecnoloxía
- "The city dark". Ian Cheney, 2011 [SO] 84 min. Subtítulos en español. Longametraxe documental sobre a contaminación lumínica e a desaparición do ceo nocturno. Despois de marchar a Nova York dende a rural Maine, o cineasta Ian Cheney fíxose unha sinxela pregunta: fannos falta as estrelas? Á vez que se documenta sobre os asteroides potencialmente perigosos en telescopios de Hawai, sobre a incubación das tartarugas na costa de Florida e o rescate de paxaros feridos nas rúas de Chicago, Cheney explora as múltiples implicacións de vivirmos nun planeta que brilla con luces artificiais, entre elas o incremento da taxa de cancro de peito debido á exposición á luz durante a noite, e a existencia dunha xeración de nenos que se criou sen apenas ter noción do universo que se estende sobre as súas cabezas.

Entrada de balde a todas as actividades.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Le Frigo”, dentro do 6º Festival Galego de Cabaré

luns, 24 outubro 2011, 10:00 | Category : cabaré, teatro
Tags : , , ,

Martes Festival Galego de Cabaré25
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 7 euros (5 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados).

Dentro do 6º Festival Galego de Cabaré, representación de "Le Frigo", pola Compañía Mundo Villalustre (Galicia), baixo a dirección de Zé Paredes. O universo prodixioso de L., un home que é muller e que no día do seu cincuenta aniversario recibe un estraño regalo: un frigorífico. "Le Frigo", retrato dun templo saturado de imaxes e soidade, é unha das máis fascinantes propostas de interpretación do teatro contemporáneo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: concerto da Orquestra de Cámara do Cáucaso, dirixida por Uwe Berkemer

Martes Orquestra de Cámara do Cáucaso25
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entradas: 10 euros (menores de 25 anos, 3 euros).

Concerto da Orquestra de Cámara do Cáucaso, que, baixo a dirección do mestre alemán Uwe Berkemer, ofrecerá un programa variado, sustituíndo ao Cuarteto Wilanow, que cancelou inesperadamente a xira por España. Organizado pola Sociedad Filarmónica da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

6º Festival Galego de Cabaré: “Noite de cinema”

luns, 24 outubro 2011, 9:30 | Category : cinema, espectáculos
Tags : , , ,

Luns Festival Galego de Cabaré24
Bar Bristol (Rúa Torreiro)
22:00
Entrada libre até completar capacidade con flocos de millo de graza!

Dentro do 6º Festival Galego de Cabaré, "Noite de cinema", espectáculo en bar con Herr Folleteën como mestre de cerimonias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: proxección de “El sol del membrillo”, de Víctor Erice

luns, 24 outubro 2011, 9:00 | Category : cinema
Tags : , ,

Luns Portas Ártabras24
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22, baixo)
19:45
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección, no ciclo "O cine e a historia da arte", da película "El sol del membrillo" (1992), de Víctor Erice.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: proxección de fotografías de Manolo Graña

Martes A. C. Alexandre Bóveda25
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección de fotografías de Manolo Graña sobre "Polonia: Varsovia e Cracovia".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Caixa Galicia: conferencia de José Manuel Barbosa

Martes 25
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

José Manuel Barbosa falará, dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación" da A. C. O Facho, sobre "A mudanza do paradigma historiográfico na Galiza".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades do sábado 22 e domingo 23 no 6º Festival Galego de Cabaré

O sábado Festival Galego de Cabaré22 prosegue o 6º Festival Galego de Cabaré, con estas dúas actividades:

- 19:00 h. Rúa Real: Espectáculo de rúa: "Peter Punk e o neno imperdible". Con Peter Punk (Galicia). Espectáculo gratuíto.

- 20:30 h. Fórum Metropolitano: Estival. Coralie Yap-Chine Quartet (Galicia). Entrada 7 euros (5 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados). Espectáculo con estándares de jazz, improvisación con acentos francés, cubano, suízo e galego é o que porá en escea a vocalista francesa Coralie Yap-Chine, xunto a Pablo Seoane (piano), José Manuel Díaz Iglesias (contrabaixo) e Álvaro Trillo (batería).

E o domingo 23:

- 19:00 h. Rúa Real: Espectáculo de rúa: "Cabaret Capicúa". Compañía Capicúa (Cataluña). Espectáculo gratuíto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google