Ciclo “Os xoves na Sagrada”: concerto de Aline Frazão

Xoves Aline Frazão3
Biblioteca da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Volve comezar o ciclo "Os xoves na Sagrada", sendo a encargada de abrir as actuacións Aline Frazão, unha das cantantes angolanas máis destacadas do momento. Nada en Luanda, de onde saíu aos 18 anos, vive actualmente en Compostela, despois de pasar por Lisboa, Barcelona e Madrid. Desde a súa intervención o pasado ano en Cantos na Maré, a súa carreira artística vén sendo imparable. Durante este ano, os escenarios de Arxentina, Portugal, Irlanda, Bélxica e Reino Unido puideron gozar co seu talento musical. A súa música está construída ao redor dos ritmos brasileiros, tradicionais angolanos e caboverdianos, e nela caben bossa-nova, fado, mornas, coladeras, sambas, música popular angolana e jazz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path