CGAI: proxección de “A maleta de Sofía”, de Marcos Gallego

Luns 28
Centro Galego de Artes da Imaxe (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección da película "A maleta de Sofía", de Marcos Gallego, recentemente estreada en Polonia no marco dunhas xornadas dedicadas a Sofía Casanova, de quen este ano se celebra o 150 aniversario do seu nacemento. Este acto é o colofón á exposición bibliográfica que desta autora se fixo durante este mes de novembro na Biblioteca Municipal de Estudos Locais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Club del Mar de San Amaro: Polafía organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

polafiamontealto20111126

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Caperucita Roja”, por La Baracca (Italia)

venres, 25 novembro 2011, 10:15 | Category : infantil, teatro
Tags : , , , , ,

Sábado Caperucita Roja26
Fórum Metropolitano
19:00 h.
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).

Dentro do Ciclo Todo Público, representación de "Caperucita Roja", pola compañía La Baracca (Italia). Un lobo e unha nena ou unha loba e un neno? O importante é vivir a historia das historias, a historia na que o medo e a coraxe van da man. Baracca pon en escena a súa visión e a súa versión do conto clásico. Con Carlota Zini e Bruno Cappagli, baixo a dirección de Fabio Galanti. Dirixida a un público maior de 4 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro del Andamio: “Ikú e Elegguá”, por Títeres Cascanueces

venres, 25 novembro 2011, 10:00 | Category : infantil, teatro
Tags : , ,

Teatro Ikú e Elegguádel Andamio (Alcalde Suárez Ferrín 10)
Sábado 26 ás 18:00 h.
Domingo 27 ás 12:30 e 18:00 h.

Entradas: 5 euros.

Representación de "Ikú e Elegguá", por Títeres Cascanueces. Lenda afrocubana sobre a eterna controversia entre a vida (Elegguá) e a morte (Ikú). Parabola mitolóxica, fonte inagotabel de reflexión e esperanza. Dirixido a nenos entre 4 e 9 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Sonatas”, de Juan Antonio Bardem

venres, 25 novembro 2011, 9:30 | Category : cinema
Tags : , ,

Sábado Sonatas26
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo "Off Galicia", proxección de "Sonatas" (España-México, 1959, 105 minutos). Dirección e guión: Juan Antonio Bardem. Coprodución hispano-mexicana que adapta dúas das "Sonatas" de Valle-Inclán, logo de descartar Bardem unha versión de "Tirano Banderas". A historia dun marqués de Bradomín en medio de disputas políticas, históricas e amorosas aparece influida polas derivas do neorrealismo italiano (o Visconti de "Senso"). Bardem superpón unha historia política en dous espazos: a España de 1824 (inclúe a presenza da tradición cultural galega e parte do seu repertorio etnográfico-mítico) e o México da década seguinte.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Mi mapa de Madrid”, no Ciclo Principal

Venres Mi mapa de Madrid25 e sábado 26
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

Dentro do Ciclo Principal, representación de "Mi mapa de Madrid", pola compañía Teatro de la Danza. Obra de Margarita Sánchez situada na Latina, onde vive o grupo de personaxes que alimenta esta historia, "perdedores" cheos de esperanza: o escritor, a separada ex-alcohólica, a moza co corazón roto... Con Estrella Blanco, Saturna Barrio, Amparo Pamplona, Angel Burgos, Roberto Cairo, José Luis Gaglo e Pablo Viña, baixo a dirección de Amelia Ochandiano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Jesús López Cobos

Venres Orquestra Sinfónica de Galicia25
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 11, 15, 20 e 27'50 euros.

Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, no que interpretará a "Sinfonía nº 1 en mi bemol maior'', de Igor StavinskI, e "Scheherezade", de Nikolái Rimski-Kórsakov, baixo a dirección de Jesús López Cobos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: mesa redonda e proxección de “Grbavica”, de Jasmila Sbanic

xoves, 24 novembro 2011, 9:30 | Category : cinema, mesas redondas
Tags : , ,

Venres Grbavica25
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Por unha nova mirada. O cine ante a Violencia de Xénero", mesa redonda sobre "O cine, unha mirada cómplice na violencia contra as mulleres?", coa presenza de Pilar Aguilar e Chelo Loureiro; e, ás 20:45 horas, "Grbavica" (Alemaña-Austria-Bosnia-Croacia, 2006, 101 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e guión: Jasmila Sbanic. Tempo despois da Guerra da Iugoslavia. Esma vive coa súa filla Sara no barrio de Grbavica (Sarajevo). Organízase unha viaxe no colexio e Esma quere que a súa filla Sara, de doce anos, participe. Sara precisa presentar un certificado que acredite que o seu pai morreu como un mártir na guerra para conseguir un desconto. A situación económica de Esma fai que traballe polas noites de camareira nunha discoteca. Sara quere saber as circunstancias da morte do seu pai e mesmo sofre as burlas dos compañeiros. Esma, perseguida polos violentos acontecementos do seu pasado, asiste a unha terapia de grupo no Centro de Mulleres do barrio. Que feitos terribles garda na súa memoria?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Libraría Couceiro: presentación de “Dramatículas”, de Afonso Becerra de Becerreá

Venres 25
Libraría Couceiro (Enrique Dequidt, 12)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación de "Dramatículas", de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, acompañando ao autor, participa Francisco Pillado Maior.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala de Exposicións do Palacio Municipal: exposición do 50º aniversario da Sociedade Filatélica da Coruña

Sala de sellofinaltricolorExposicións do Palacio Municipal
Do mércores 23 ao luns 28 de novembro
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición conmemorativa do 50º aniversario da Sociedade Filatélica da Coruña, nunha homenaxe ao relevante labor cultural que realiza, mostrando as importantes coleccións dos seus socios e amigos. Participarán un total de 15 coleccións, e contará tamén con catro vitrinas contendo medallas e trofeos obtidos pola Sociedade ao longo destes 50 anos, así como libros e publicacións, diplomas e selos personalizados.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: XV Memorial de Teatro Ibán Toxeiro

Xoves A. C. Alexandre Bóveda24
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XV Memorial de teatro Ibán Toxeiro, que contará coas seguintes actuacións:
- Grupo de teatro da A. C. Alexandre Bóveda coa representación de "Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda", de Xoán Carlos Mexuto.
- Bucanero Teatro con "Kungfundidos".
- Druída danza con "O anxo exterminador".
- Entrega do IV premio "Alexandre Bóveda de teatro amador Ibán Toxeiro" para o Grupo de teatro do Centro de maiores da Obra social de Novacaixagalicia.
- Todo aderezado coa música en directo de Canta compaña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum Metropolitano do 24 ao 26 de novembro

mércores, 23 novembro 2011, 10:10 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"De profundis", De profundisde MiguelanxoMr. Nobody Prado (España-Portugal, 2006, 81 minutos, V. O. en galego), para todos os públicos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo Cine e natureza. A viaxe ao fondo do mar dun pintor que sempre quixo ser mariñeiro para navegar entre as medusas, as estrelas de mar e os peixes de mil cores. Unha viaxe para descubrir a emocionante beleza e os misterios das profundidades. Proxeccións: xoves 24 ás 20:15; venres 25 ás 20:15 e 22:45; sábado 26 de novembro ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.

"Mr. Nobody", de Jaco van Dormael (Francia, 2010, 142 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 7 anos, dentro do ciclo Terror e ciencia-ficción, na Sala Fernando Rey. Nemo Nobody, un home de 118 anos no ano 2092, é o último mortal nun mundo de persoas inmortais grazas aos avances científicos. No seu leito de morte, revive todas as vidas polas que puido pasar. Proxeccións: xoves 24 ás 20:30; venres 25 ás 20:30; e sábado 26 ás 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Debido á súa longa duración só se emitirá ás 20:30 horas os tres días.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Domestic violence 2″, de Frederick Wiseman

mércores, 23 novembro 2011, 9:31 | Category : cinema
Tags : , ,

Xoves Domestic violence 224
20:00
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Por unha nova mirada. O cine ante a Violencia de Xénero", proxección de "Domestic violence 2" (Estados Unidos, 2002, 160 minutos, V. O. S. en galego). Dirección: Frederick Wiseman. O documentalista Frederick Wiseman aproxima a súa cámara aos xulgados, en concreto aos tribunais do condado de Hillsborough, en Tampa (Florida). O tratamento legal dos casos de maltrato (réxime de visitas, ordes restritivas, pensións, xuízos varios,…) retratado con absoluta intensidade contribuindo a completar un díptico asombroso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: presentación de “Na intimidade do azougue”, de Pablo Bouza

Mércores 23
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do poemario "Na intimidade do azougue", de Pablo Bouza, publicado por Espiral Maior. No acto estará acompañado por Miguel Anxo Fernán-Vello, Luís G. Soto e Xulio López Valcárcel.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outono fotográfico 2011: “BLOkEO/reSistencia”, de Maribel Longueira

Do Maribel Longueiramércores 23 ao martes 6 de decembro
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12).
De martes a sábado, de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Outono fotográfico 2011, exposición "BLOkEO/reSistencia", de Maribel Longueira. O pobo cubano segue a enfrontarse a un bloqueo económico sen precedentes no tempo, isto creou unha forte resistencia por unha situación inxusta ditada polos poderes económicos reinantes, contribuíndo así a unha reafirmación dos seus ideais pero a largueza no tempo tamén pode activar o búmerang do blocage read.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google