Teatro Rosalía: espectáculo “Existe la magia”, de Jorge Blass
Xoves
22
Teatro Rosalía de Castro
18:30 h. Entradas: 7, 9, 11 e 15 euros.
20:30 h. Entradas: 12, 15, 17 e 20 euros.
"Existe la magia" é o novo espectáculo de Jorge Blass. Durante hora e media o popular mago presenta as súas última creacións máxicas. A súa posta en escena afástase dos tradicionais espectáculos de ilusionismo. Un grande espectáculo audiovisual no que Jorge Blass comparte escenario con outras expresións artísticas, dando lugar a unha ópera visual onde unha vez máis nos mostra a súa visión da maxia como a arte que combina dunha forma excepcional a estética cunha depurada técnica.














