Teatro Rosalía: concerto da “Trova Coruñesa” a beneficio da Cociña Económica

luns, 26 decembro 2011, 10:03 | Category : concertos, danza, música
Tags : , , ,

Martes La trova cocina económica 2011.cdr27
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada gratuíta con convite.

Concerto da Trova Coruñesa a beneficio da Cociña Económica, organizado pola Asociación Cultural La Trova Coruñesa. Ademais desta entidade, actuarán o Grupo Urtica e o Ballet Druída.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: Ciclo Principal, calendario de xaneiro a maio de 2012

OCiclo Principal xaneiro-maio 2012 Ciclo Principal desenvolverá o seguinte programa de representacións no Teatro Rosalía de Castro entre os meses de xaneiro e maio de 2012:

- Venres 13 e sábado 14 de xaneiro: El tiempo y los Conway, de J. B. Priestley, en versión de Luis Alberto de Cuenca e Alicia Mariño, por Pérez de la Fuente Producciones. Con Luisa Martín, Nuria Gallardo, Alejandro Tous, Juan Díaz, Chusa Barbero, Débora Izaguirre, Ruth Salas, Alba Alonso, Román Sánchez Gregory e Tony Martínez, baixo a dirección de Juan Carlos Pérez de la Fuente. Entradas: Tarifa A.

- Venres 27 e sábado 28 de xaneiro: El tiempo es sueño, por Juanjo Seoane Producción. Con Asunción Balaguer, baixo a dirección de Rafael Álvarez, "El Brujo". Entradas: Tarifa B.

- Venres 10 e sábado 11 de febreiro: Antes te gustaba la lluvia,  de Lot Vekemans, por Loquibandia Concha Busto Producciones. Con Blanca Oteyza e Sergio Otegui, baixo a dirección de Miguel Ángel Solá.

- Venres 24 e sábado 25 de febreiro: Tango, de Slawomir Mrózek, adaptado por Ánxeles Cuña Bóveda, por Sarabela Teatro. Con: Fina Calleja, Vicente de Souza, Elena Seijo, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Lino Braxe e Nate Borrajo, baixo a dirección de Ánxeles Cuña. Entradas: Tarifa B.

- Xoves 8 de marzo: Mambo, de George Céspedes. Danza Contemporánea de Cuba, con música de Beny Moré-Nacional Electrónica (Alexis de la Joya-Edwin Casanova González), sobre a versión orixinal de Pérez Prado. Coreógrafo: George Céspedes. Entradas: Tarifa A.

- Sábado 10 de marzo: Los habitantes de la casa deshabitada, de Enrique Jardiel Poncela, por Juanjo Seoane. Con Pepe Viyuela, Juan Carlos Talavera, Paloma Paso Jardiel, Abigail Tomey, Manuel Millán, Ramón Serrada, Pilar San José, Susana Hernández, Matijn Kuiper, Eduardo Antuña e José Manuel Aguilar, baixo a dirección de Ignacio García. Entradas: Tarifa A.

- Venres 16 e sábado 17 de marzo: André y Dorine, por Kulunka Teatro. Con Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo, baixo a dirección de Iñaki Rikarte. Entradas: Tarifa A.

- Venres 13 e sábado 14 de abril: Carcajada salvaje, de Christopher Burang, por Pentación Espectáculos. Con Charo López e Javier Gurruchaga, baixo a dirección de Josep Costa. Entradas : Tarifa A.

- Venres 27 e sábado 28 de abril: Último cowboy, de Eduardo Alonso, polo Teatro do Noroeste. Con Miguel Pernas e Luma Gómez, baixo a dirección de Eduardo Alonso. Entradas: Tarifa B.

- Venres 18 e sábado 19 de maio: Quizás!, quizás!, de Richard Baer, por Txalo Producciones. Con María Luisa Merlo, Carlos Larrañaga e Alfonso Montón, baixo a dirección de Gabriel Olivares. Entradas: Tarifa A.

* FUNCIÓNS: 20:30 horas.

* ENTRADAS E ABONOS:
- Tarifa A: 17, 13, 10 e 8 euros.
- Tarifa B: 13, 9, 7 e 6 euros.
- Abono 8* 93'45, 70'05, 54'00 e 43'80 euros. + Los habitantes de ... 12'75, 9'75, 7'50 e 6'00 euros; + Mambo... 11'25, 8'25, 6'75 e 5'25 euros.
- Abono 10: 117'45, 88'05, 68'25 e 55'05 euros.
* Abono 8: o seu prezo representa un desconto do 25%. En cada abono existen dous días de función que dan orixe a dúas opcións: V e S. A opción V ten todas as funcións en venres. A opción S ten todas as funcións en sábado.
Deste abono quedan excluídos Los habitantes de la casa deshabitada e Mambo porque só se programa unha función e non se garante localidade nin o día de abono.
Os abonados interesados nestes espectáculos poderán retirar as entradas para os mesmos ao adquirir o seu abono co mesmo desconto.

* ENTRADAS
- Abonados ciclo anterior: do 22 ao 30 de decembro.
- Novos abonados: 3 e 4 de xaneiro.
- Venda de entradas soltas: a partir do 10 de xaneiro.
- Despacho central, Praza de Ourense: de luns a venres, excepto festivos, de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
- Despacho Teatro Rosalía: só días de función de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
- Venda telefónica: 902 343 443.
- Venda de entradas por internet en Servinova.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival de títeres María José Jove: actividades do martes 27 de decembro

Martes 27
Entradas: 3 euros (abono familiar de 3 entradas por 6 euros).

- 17:00 h. Fundación María José Jove (Edificio Work Center, Rúa Galileo Galilei, 4 A): "Fíos", de Baobab Teatro. Para público maior de 4 anos. Un taller de costura dirixido por unha peculiar modista é o espazo onde se desenvolverán historias que van acariñar os nosos oídos. A protagonista de "Fíos" cose e cose sen parar mentres recibe visitas que agarda e outras inesperadas....
- 19:00 h. Fórum Metropolitano. "Oh, que bonito é Panamá!", de Panamesiana Teatro. Para público maior de 4 anos. Unha fermosa casiña-caravana é o fogar de Oso pequeno e Tigre pequeno, aló no bosque, á beira do lago. Oso pequeno pesca e cociña ricos manxares e Tigre pequeno recolle deliciosos cogomelos. Un día, Oso pequeno pesca unha misteriosa caixa con olor a plátanos que leva inscrita a palabra Panamá e deciden emprender viaxe.

Un ano máis monicreques para os máis peques da casa, na Sede da Fundación María José Jove e no Fórum Metropolitano. O programa completo pódese descargar aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala Gurugú: “Linocho e a lúa”, de Títeres Falcatrúa

Martes Nadal dos meninos27
Sala Gurugú (Rúa Agra do Orzán, 3)
12:15
Entradas: 4 euros (entrada familiar de 3 persoas por 10 euros).

Dentro do Festival de Teatro "Nadal d@s menin@s 2011", representación de "Linocho e a lúa", de Títeres Falcatrúa. Idade recomendada: maiores de 5 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival de títeres María José Jove: actividades do luns 26 de decembro

Luns 26
Entradas: 3 euros (abono familiar de 3 entradas por 6 euros).

- 17:00 h. Fundación María José Jove (Edificio Work Center, Rúa Galileo Galilei, 4 A): "Cuentos contenidos", de Ana I. Roncero. Para público maior de 5 anos. Aos tesouros gústalles xogar connosco a agacharse dentro dos obxectos cotiáns, só hai que saber encontralos...
- 19:00 h. Fórum Metropolitano. "Cinderela Mix", de Artello Teatro. Para público maior de 4 anos. Tres personaxes mostran a súa visión da historia de "Cincenta" a partir dos conflitos cos que se encontran na súa vida cotiá.

Un ano máis monicreques para os máis peques da casa, na Sede da Fundación María José Jove e no Fórum Metropolitano. O programa completo pódese descargar aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala Gurugú: “Carapuchiña vermella ou o conto do lobo”, de Danthea Teatro

Luns Nadal dos meninos26
Sala Gurugú (Rúa Agra do Orzán, 3)
12:15
Entradas: 4 euros (entrada familiar de 3 persoas por 10 euros).

Dentro do Festival de Teatro "Nadal d@s menin@s 2011", representación de "Carapuchiña vermella ou o conto do lobo", de Danthea Teatro. Idade recomendada: maiores de 5 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galería 981 Style: exposición colectiva de Navidad 2011

981style

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “La vida en corto”

La vida en corto

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Los pasos dobles”, de Isaki Lacuesta

xoves, 22 decembro 2011, 9:37 | Category : cinema
Tags : , ,

Venres Los pasos dobles23
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Xéneros mutantes (I)", proxección de "Los pasos dobles" (Estados Unidos-Alemaña-Francia-Bélxica-Gran Bretaña-Holanda, 2011, 86 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Isaki Lacuesta. A mellor maneira de fuxir dos teus perseguidores sen deixar pisadas é camiñar cara atrás, sobre as túas propias pegadas. Iso cría François Augiéras, que cubriu de pinturas un búnker militar no deserto e logo deixouno afundirse na area para que ninguén o atopase ata o século XXI. Pero quen é Augiéras? Lexionario, pintor, escritor, pistoleiro, santo, ladrón, demo ou unha mestura de todo isto?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: concerto de “Amizades”

Venres Amizades23
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto de "Amizades", acto de cerre do 50 aniversario da Comisión Promotora de las Hogueras de San Juan.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Luís Seoane: presentación do libro-catálogo “Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño?”

Xoves 22
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro-catálogo "Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño?", onde se recollen os traballos que fixeron parte da exposición do mesmo nome. Participan: Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Silvia Longueira e Antón Patiño.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: espectáculo “Existe la magia”, de Jorge Blass

mércores, 21 decembro 2011, 10:00 | Category : maxia
Tags : , ,

Xoves Existe la magia22
Teatro Rosalía de Castro
18:30 h. Entradas: 7, 9, 11 e 15 euros.
20:30 h. Entradas: 12, 15, 17 e 20 euros.

"Existe la magia" é o novo espectáculo de Jorge Blass. Durante hora e media o popular mago presenta as súas última creacións máxicas. A súa posta en escena afástase dos tradicionais espectáculos de ilusionismo. Un grande espectáculo audiovisual no que Jorge Blass comparte escenario con outras expresións artísticas, dando lugar a unha ópera visual onde unha vez máis nos mostra a súa visión da maxia como a arte que combina dunha forma excepcional a estética cunha depurada técnica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala Filomatic: Cabaré Manicómicos

mércores, 21 decembro 2011, 9:55 | Category : cabaré, danza, espectáculos, teatro
Tags : ,

Xoves Cabaré Manicómicos 22-12-201122
Sala Filomatic (Rúa San Xosé, 21)
22:00
Entradas: 4 euros.

"Despois do incrible éxito do primeiro cabaré, coa Sala Filomatic a tope de xente desfrutando do humor e o teatro, Manicómicos volta á carga cun novo cabaré de humor o vindeiro xoves 22 de nadal ás 22 horas na Sala Filomatic da Coruña! Animádevos a pasar un bo momento con todos nós!!! Máis de 10 artistas en diferentes disciplinas: clown, danza, teatro xestual, malabares, monólogos… Ven e cóntao…"

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “The Ballad of Genesis and Lady Jaye”, de Marie Losier

mércores, 21 decembro 2011, 9:19 | Category : cinema
Tags : , ,

Xoves The ballad of Genesis22
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Xéneros mutantes (I)", proxección de "The Ballad of Genesis and Lady Jaye" (Estados Unidos-Alemaña-Francia-Bélxica-Gran Bretaña-Holanda, 2011, 75 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e fotografía: Marie Losier. Unha historia de amor que remite a Frankenstein, á arte conceptual e a cultura pop máis bizarra. O músico Genesis P. Orridge e a súa parella Lady Jaye retan á bioloxía: deciden deconstruirse na mesma persoa. Retrato íntimo do estraño e singular a cargo da francesa Marie Losier, rexistra unha significativa aparición do falecido literato William S. Burroughs.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Concurso de monólogos”

martes, 20 decembro 2011, 9:50 | Category : teatro
Tags : ,

Mércores 21
Teatro Rosalía de Castro
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Concurso de monólogos", organizado pola Concellería de Educación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google